A Xunta abre este venres o 'Serán'04' cun festival que reúne no escenario a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero & Aliboria

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O IV Encontro Galego de Cultura Popular congrega esta fin de semana na Cidade da Cultura a todo o sector da música e o baile tradicional cun programa que inclúe concertos, feira, masterclasses profesionais ou unha exposición de traxe tradicional
  • O 'Serán'04' arrinca este venres 20 de xuño a partir das 16,00 horas e este ano inclúe como novidade destacada un gran festival folk a partir das 21,00 horas
  • Ao longo dos tres días milleiros de persoas daranse cita no Gaiás para festexar a nosa música e baile tradicional

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

A Xunta de Galicia converte esta fin de semana o Gaiás en epicentro da nosa cultura popular, música e baile tradicional coa cuarta edición do Serán, que dá comezo o venres 20 de xuño e inclúe un gran festival folk que reunirá sobre o escenario algúns dos nomes máis destacados do 'tradi' actual: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero & Aliboria. Os interludios entre as bandas correrán ao cargo da agrupación Os Enxebres de San Lázaro.

Previamente a este festival folk, que dará comezo ás 21,00 horas do venres na praza central da Cidade da Cultura, o evento arrincará xa a partir das 16,00 horas cun intenso programa de actuacións, masterclasses profesionais de baile, canto, gaita ou pandeireta, unha exposición de traxe tradicional ou unha feira sectorial.

No recinto feiral do Museo Centro Gaiás poderanse visitar preto de 40 stands de artesáns do tecido, da confección, do calzado, da ourivería, luthiers, asociacións e federacións, organización de festivais, etc. O espazo acollerá tamén a exposición de traxe tradicional O Sarillo, de Yeray Paz Souto, unha selecta mostra que inclúe tanto pezas antigas como reproducións fidedignas de traxes tradicionais de diferentes comarcas de Galicia. A exposición recolle traxes de colección propia e tamén de colaboradores como Alberto Golpe, o Museo das Mariñas de Betanzos, o Grupo Etnográfico das Mariñas ou o Real Coro Toxos e Froles, entre outros. A través das achegas destes e outras entidades, a mostra enriquece a visión da diversidade cultural e social que Galicia atesoura.

O programa do Serán'04 inclúe tamén 15 masterclasses profesionais impartidas polo profesorado especializado en música e baile máis destacado do momento, con nomes como Olga Kirk, Luis Prego, Serxio Cobos, María Vida, Xosé Lois Romero, Montse Rivera ou Felisa Segade, entre outros moitos. Destacan ademais contidos formativos novidosos como unha clase de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade ou unha de bordado co modisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro.

17.000 asistentes en tres edicións previas

Ao longo da fin de semana, agárdase que milleiros de persoas asistan a este IV Encontro de Cultura Popular, que rematará o domingo 22 de xuño cunha exhibición de baile tradicional ao cargo de oito destacadas agrupacións de Galicia: Tequexetéldere (A Estrada), Aturuxo (A Coruña), Aturuxo (A Coruña), Lembranzas da Ría (Cangas), Arume de Caión (Laracha), Traspés (Vigo), Buxainas (Cedeira), Son D'Aquí (A Coruña), e Saíñas (Xove).

Nas súas tres edicións previas, celebradas tamén na Cidade da Cultura, o Serán congregou máis de 17.000 asistentes. Nesta cuarta entrega, e coincidindo coa celebración do Día Europeo da Música e o arranque da programación do verán no Gaiás, o Serán volve despregar un intenso programa, completamente gratuíto e para todo tipo de público.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/06/2025
1061058 {"title":"A Xunta abre este venres o 'Serán'04' cun festival que reúne no escenario a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero & Aliboria","published_date":"2025-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/189845-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1061058"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-18/1061058-xunta-abre-venres-seran-04-cun-festival-reune-escenario-xabier-diaz-adufeiras-salitre-ninghures-tres-pesos-e-xose-lois-romero-aliboria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.