A Xunta recibe preto de 600 solicitudes para levar a cabo proxectos de desenvolvemento rural no marco da intervención Leader

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira María José Gómez visitou esta mañá a Clínica Santo Tomé de Taboada, beneficiaria destas achegas, onde puxo en valor a convocatoria de 2025 dotada con 12,6 millóns de euros, que pechou o prazo de solicitude recentemente
  • Ademais, salientou que se presentaron unha trintena de solicitudes para o Bono Activa Rural, unha iniciativa novidosa para a posta en marcha de actividades non agrarias nestas contornas
  • A intervención Leader conta cun orzamento de 56,9 millóns de euros ata o ano 2027, dos cales 39,6 millóns son para financiar as operacións a terceiros
Imagen del artículo A Xunta recibe preto de 600 solicitudes para levar a cabo proxectos de desenvolvemento rural no marco da intervención Leader
Taboada (Lugo), 17 de xuño de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe a Clínica Santo Tomé de Taboada, beneficiaria das axudas da intervención Leader, onde puxo en valor os datos acadados pola convocatoria de 2025 das achegas para a execución de operación en apoio a terceiras persoas. Neste sentido, salientou que se recibiron preto de 600 solicitudes para a posta en marcha de diferentes proxectos de desenvolvemento rural no marco desta convocatoria, incluída no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) e dotada cun orzamento de 12,6 millóns de euros.

Estas achegas son xestionadas polos grupos de desenvolvemento rural (GDR) e con elas financiaranse iniciativas que supoñan a posta en marcha de proxectos produtivos xeradores de emprego e de proxectos non produtivos que beneficien ao conxunto da poboación en xeral.

Como novidade neste período da intervención, esta convocatoria inclúe o Bono Activa Rural. Neste sentido, a conselleira sinalou que se recibiron unha trintena de solicitudes desta subvención, baseada nun importe de axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrarias nestas contornas, cunha aportación máxima de ata 18.000 euros. Esta axuda non está vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se relacionará co mantemento da actividade e co cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa seleccionada durante, polo menos, cinco anos.

Case 57 millóns de euros ata 2027

Neste novo período Pepac, a intervención Leader está dotada con 56,9 millóns de euros ata o ano 2027. Deste orzamento, 17,6 millóns foron destinados para sufragar os gastos de funcionamento dos GDR e os 39,6 millóns restantes teñen como fin financiar as operacións a terceiros.

Durante o período anterior, mentres a intervención estivo incluída na medida 19 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, o programa Leader permitiu aprobar máis de 1.500 proxectos, consolidar máis de 4.000 empregos e crear uns 1.100 novos. Así, mobilizáronse máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.

Clínica Santo Tomé

A conselleira do Medio Rural destacou que esta liña de axudas contribúe a posta en marcha de proxectos como o da Clínica Santo Tomé, que grazas a esta medida de apoio, contou cunha aportación de preto de 114.000 euros a través do GDR Miño Ulla para a súa instalación e apertura.

Estas instalacións reúnen a profesionais de distintas disciplinas sanitarias co obxectivo de ofertar unha sanidade de calidade na zona de Taboada, empregando a última tecnoloxía no ámbito sanitario.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/06/2025
1058420 {"title":"A Xunta recibe preto de 600 solicitudes para levar a cabo proxectos de desenvolvemento rural no marco da intervención Leader","published_date":"2025-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/189401-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1058420"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-17/1058420-xunta-recibe-preto-600-solicitudes-levar-cabo-proxectos-desenvolvemento-rural-marco-da-intervencion-leader https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.