A Xunta promove o turismo urbano coa iniciativa 'Sete cidades, sete sabores' que distingue o mellor cociñeiro de tapas 2025

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A gala terá lugar o 1 de xullo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

Turismo de Galicia volve apostar por promover o turismo urbano a través da súa oferta gastronómica nunha campaña que culminará o 1 de xullo cunha gala na que sairá elixido o Mellor Cociñeiro de Tapas 2025 de "Sete cidades, sete sabores" e da man dun cociñeiro por cada unha das cidades galegas.

Organizada pola Xunta de Galicia, trátase dunha iniciativa para atraer a ese visitante que fai escapadas en diferentes épocas do ano, buscando experiencias culinarias, enfocándose na gastronomía local e a cultura relacionada coa comida.

'Sete cidades, sete sabores' amosará a creatividade da gastronomía galega enmarcando estas experiencias nos recursos turísticos de Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña, cidades atractivas e dinámicas con historia e cultura propias.

Os chefs representantes de cada cidade son: Álex Martínez e Mar López de Bacelo (Ferrol); José Luis Pardo de Orixe do Campo (Lugo); Paco Gómez de Pulpería Asador La Feira (Ourense); Daniel Bastos de La Marciana (Vigo); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Alejandro Ferreiro de O Sendeiro (Santiago de Compostela) e Vicenzo Amaddeo de Ama Italiana Contemporánea (A Coruña).

Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns. Por unha banda, o premio do xurado profesional, que estará integrado José Paz Gestoso, director do Centro Superior de Hostalaría de Galicia; Álvaro Pérez Blanco de ArteSana Gastrobar, Ana Méndez Gil, directora de Galicia Calidade, Adrián Pérez, chef de Restaurante Sinxelo y Coque Fariña Esperón, @mi_coqueteria, instagramer. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor. Por outra parte, o premio do xurado popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación.

Propostas por cidade

Así, por Ferrol, concursará a 'Os Polos Opostos' que elaborarán Álex Martínez e Mar Lago de O Bacelo. Catro anos hai que O Bacelo acendía por vez primeira os fogóns da súa cociña bilbaína, e esta é a segunda ocasión na que representa a Ferrol nesta gala. A súa proposta recupera un produto profundamente enraizado na tradición ferrolá: as cabezas de bacallau. Trátase dun pasteliño de filloa recheo de repolo fermentado, brandada de cabeza de bacallau, paté de chourizo ceboleiro e perlas de aceite de oliva.

Lugo concorre coa tapa que leva por título 'Petisco larpeiro', a cargo do chef José Luis Pardo de Orixe do Campo, un proxecto baseado nunha cociña que aposta polas razas autóctonas e o produto local de mercado. Petisco larpeiro preséntase sobre unha cama de cogombro caramelizado con viño do Ribeiro e panela, na que se sitúa unha capa de crema de aguacate, seguida dun tartar de vieira adubado cun aceite galego. O prato remata cunha coroa de caviar cítrico e unha emulsión de carabineiro e vieira.

Ourense opta ao certame coa tapa 'Gamba na corte', do chef: Paco Gómez de Pulpería Asador La Feira. Este cociñeiro do Carballiño conta cunha prolífica traxectoria profesional polo norte de España. 'Gamba na corte' é un xogo visual que sitúa unha gamba nun cortello, fusionando o mar e o campo. A proposta componse dun soporte de bacon fritido, unha gamba, crocante de porro, esferificacións de vinagre de pementos de Padrón, ovas de troita, kizami e flores.

Vigo preséntase ao concurso coa tapa 'Ondas do mar', creación do chef Daniel Bastos de La Marciana. Tras unha tempada demostrando o seu bo facer en distintos establecementos da cidade olívica, arribou a La Marciana. 'Ondas do mar' é unha homenaxe ao seu avó, mariñeiro de profesión. Este prato, elaborado con salmonete curado á chama, emulsión de nécora galega e crocante de alga ramallo sobre unha chip de risotto de peixe de rocha, simboliza ese vínculo co mar e as artes tradicionais de pesca.

Pontevedra concursará coa proposta 'Tomatún', do chef Rubén González de El Cafetín de la Alameda. Tras curtirse nos fogóns do Parador de Baiona ou o Cenador de Salvador Gallego, en Madrid, volveu á cidade do Lérez onde converteu El Cafetín nun dos lugares de referencia para os foodies da cidade. 'Tomatún' consta dun dado de atún sobre un cremoso elaborado co mesmo peixe, que busca imitar visualmente unha rodiña de tomate. Complétase cun tomate recheo sobre unha base crocante, feita con auga e po do propio froito.

Santiago de Compostela presenta a proposta 'Bonito, millo e langostino' do chef Alejandro Ferreiro de O Sendeiro. Comezou a súa carreira profesional en O Sendeiro, restaurante ao que volveu como xefe de cociña tras unha paréntese de dous anos no Asador O Pazo de Padrón. A tapa da capital de Galicia combina o gusto persoal deste cociñeiro coa filosofia da cociña de aproveitamento. Alejandro buscaba o acompañamento ideal para unha tortilla de millo fritida, e as ventrescas agardaban, listas, na alacena do restaurante.

A Coruña concursará coa tapa 'Ravioli recheo de chourizo ceboleiro', do chef Vincenzo Amaddeo de AMA Italiana Contemporánea. Nado en Calabria e coruñés de adopción desde hai unha década, Vincenzo Amaddeo estableceuse na Coruña, onde deu vida a AMA Italiana Contemporánea, un proxecto culinario que fusiona a tradición gastronómica italiana coa riqueza da cociña galega. A tapa herculina presenta o seu ravioli recheo de chourizo ceboleiro de produción local lucense e dátil de Oriente Medio, acompañado dunha escuma de galmesano e un crumble de pemento da Vera.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/06/2025
1058417 {"title":"A Xunta promove o turismo urbano coa iniciativa 'Sete cidades, sete sabores' que distingue o mellor cociñeiro de tapas 2025","published_date":"2025-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/189182-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1058417"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-17/1058417-xunta-promove-turismo-urbano-coa-iniciativa-sete-cidades-sete-sabores-distingue-mellor-cocineiro-tapas-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.