A Xunta destaca a travesía marítima 'Camiño de Santiago a vela' como polo de atracción do turismo náutico na comunidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde en Gijón no acto de sinatura do protocolo de colaboración entre as localidades nas que recala esta travesía marítima que conta co apoio de Turismo de Galicia
- A iniciativa pretende fortalecer a cooperación entre os municipios e favorecer o crecemento do sector náutico
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Gijón (Asturias), 16 de xuño de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde en Gijón, na sinatura do protocolo de irmandade das localidades nas que recala a iniciativa turística Camiño de Santiago a vela, unha travesía marítima impulsada pola asociación Northmarinas desde hai dez anos que conta co apoio da Xunta de Galicia.
Alí destacou a pegada que este itinerario deixa nos que se animan a completala e que supón "un impulso ao modelo de turismo sostible e desestacionalizado que promovemos desde a Xunta", dixo.
Tal e como explicou Martina Aneiros, o protocolo de colaboración ten por obxectivo fortalecer a cooperación entre as preto dunha vintena de localidades nas que recala esta travesía, entre as que se atopan os municipios de Ferrol e Cedeira, e promover o crecemento do sector náutico a través desenvolvemento de actividades socioculturais, turísticas e deportivas vinculadas co mar e os portos, especialmente os da zona norte de España.
A sinatura do protocolo fíxose coincidir cunha das etapas de descanso desta travesía internacional que partiu a comezos de mes desde La Rochelle, en Francia, navegando por toda a costa norte de España desde Hondarribia, pasando polas localidades de Getaria, Bermeo, Bilbao, Santander ou Ribadesella. Terá unha duración de 27 días, repartidos en 17 etapas de navegación e 10 xornadas de descanso. A última etapa ata Santiago de Compostela realizarase a pé.