Medio Rural destina este ano 11 M€ aos seguros agrarios e á xestión dos animais mortos nas explotacións
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira María José Gómez visitou esta tarde en Cerceda as instalacións de Gesuga, a concesionaria do servizo público autonómico de recollida, transporte e eliminación de animais mortos nas explotacións gandeiras galegas
- A titular de Medio Rural subliñou que Gesuga é un exemplo claro de xestión sustentable en Galicia e salientou que a Xunta vén apoiando o seu traballo cunha achega superior aos 1,6 millóns de euros no período 2018-2023
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Cerceda (A Coruña), 16 de xuño de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou hoxe as instalacións da nova plataforma loxística de Gesuga en Cerceda, onde destacou o importante papel desta empresa na xestión dos animais mortos nas explotacións gandeiras galegas.
En relación con este tema, a conselleira subliñou que o seu departamento destina este ano algo máis de 11 millóns de euros sumando as axudas para financiar os seguros agrarios nas explotacións, as indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais, as compensacións por lucro cesante e as achegas para a reposición de animais en explotacións afectadas por episodios sanitarios.
Así, no que atinxe aos seguros, cómpre lembrar o incremento este ano de preto do 12 % nas subvencións para a subscrición de pólizas, ata acadar no 2025 os 9,5 millóns de euros, permitindo cubrir entre o 75 e o 90 % do seu custo. Estas coberturas inclúen tanto perdas en producións agrícolas como a retirada e destrución de cadáveres de animais.
Ademais, hai que salientar o investimento de 1,4 millóns de euros en indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais, dentro dos programas oficiais de control e erradicación de enfermidades que afectan ao vacún, ovino, cabrún, aves e porcos. Xunto a isto están dispoñibles outros 125.000 euros para as compensacións por lucro cesante e as axudas á reposición de animais en explotacións afectadas por episodios sanitarios. Tal como indicou a titular de Medio Rural, "todas estas axudas teñen como obxectivo apoiar ás explotacións gandeiras, garantindo a súa viabilidade e competitividade mesmo ante situacións adversas".
Xestión sustentable
Durante esta visita, a conselleira remarcou que Gesuga é un exemplo claro de xestión sustentable en Galicia e salientou que a Xunta vén apoiando o seu traballo cunha achega superior aos 1,6 millóns de euros no período 2018-2023 para continuar avanzando nun sector tan estratéxico para o rural galego como é o gandeiro.
Gesuga é a xestora concesionaria do servizo público autonómico de recollida, transporte e eliminación de animais mortos nas explotacións gandeiras galegas e conta cunha capacidade mínima de transformación de 41.000 toneladas anuais. Dispón de 44 camións rexistrados para o transporte de subprodutos animais non destinados ao consumo humano (Sandach).