Xornada de portas abertas este martes no CFEA de Sergude para presentar os seus ciclos formativos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O programa de actos combinará a presentación dos cursos cunha visita guiada polas instalacións deste Centro de Formación e Experimentación Agroforestal adscrito á Consellería do Medio Rural
- Os ámbitos de formación que se imparten en Sergude son a produción agropecuaria, o aproveitamento e conservación do medio natural e a gandaría e asistencia en sanidade animal
- No vindeiro curso duplicaranse as prazas na FP Dual de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal deste centro, con 44 prazas na modalidade intensiva, o dobre que na convocatoria anterior, e ás que se suman outras 22 do ciclo na modalidade xeral
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2025
O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Sergude (Boqueixón), adscrito á Consellería do Medio Rural, acollerá este vindeiro martes, día 17 de xuño, unha xornada de portas abertas. Estará centrada na presentación dos seus ciclos medio e superior das disciplinas de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, de Produción Agropecuaria e de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal, este último coa opción da modalidade dual intensiva. O programa de actos combinará as explicacións sobre a oferta docente cunha visita guiada polas instalacións do centro.
A xornada comezará ás 16:30 horas, no salón de actos, coa benvida por parte do director do centro, seguida da presentación a cargo dos titores dos diferentes ciclos formativos que se imparten no CFEA. Cómpre destacar que unha das novidades deste ano da oferta formativa dos diferentes centros da Consellería é precisamente que se duplican as prazas na FP Dual de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal en Sergude, onde se contará con 44 prazas na modalidade intensiva, o dobre que na convocatoria anterior, e ás que se suman outras 22 do ciclo na modalidade xeral, o que permite acadar as 66 novas prazas en primeiro curso deste ciclo.
En conxunto, a Consellería do Medio Rural ofertará un total de 406 prazas de novo ingreso nos seus seis centros de formación no vindeiro curso 2025/26, o que supón un 11 % máis con respecto ao curso actual.
Unha vez presentada a oferta formativa, o xefe de explotación falará sobre o predio e as granxas do CFEA e a xefa de internado sobre a residencia de estudantes. Concluídas as presentacións no salón de actos, realizarase unha visita guiada por todas as instalación do centro. A xornada rematará cun percorrido polo predio e as granxas, no que se poderá comprobar en primeira persoa a contorna de aprendizaxe do alumnado.