A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral para o Deporte destaca o bo momento que atravesa o remo en Galicia, tanto no banco fixo, grazas aos éxitos das traiñeiras, como no banco móbil, e destacou tanto a Caetano Horta como a Rodrigo Conde
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Pontevedra, 13 de xuño de 2025
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entregou ao presidente da Federación Galega de Remo, Jose Luis Méndez, unha embarcación tipo skiff por importe de máis de 14.000 euros (14.181,20 euros) que estará adscrita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva e que servirá para que os remeiros e remeiras galegos e galegas de alto nivel poidan preparar e participar nas competicións oficiais durante o ciclo olímpico, e así acadar os mellores resultados de cara aos próximos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 2028.
O remo galego conta na actualidade con preto de 2.800 licenzas federativas das que o 80% son mulleres. Ademais, é a sexta federación galega en número de deportistas galegos de alto nivel, con 86. Estes datos fan que o remo sexa o terceiro deporte que máis galegos ten levado a uns Xogos Olímpicos, ata un total de 17.
Lete Lasa destacou o bo momento que atravesa o remo en Galicia, tanto no banco fixo, grazas aos éxitos das traiñeiras, como no banco móbil, e destacou tanto a Caetano Horta como a Rodrigo Conde, que estivo presente na entrega do skiff. "Antes da participación de Caetano en Toquío o remo galego levaba 16 anos sen representación olímpica e ademais do diploma acadado naqueles Xogos, nestes últimos de París tanto Caetano como Rodrigo conseguiron novos diplomas olímpicos, en dobre scull lixeiro e dobre scull, respectivamente, polo que estamos a vivir unha regreso ao mellor nivel do remo en Galicia", dixo.
Neste sentido, cómpre sinalar que a Xunta de Galicia xa ten adquirido material deportivo e embarcacións para deportistas na carreira olímpica como é o caso dos regatistas Antón Paz, Nico Rodríguez, Támara Echegoyen, Sofía Toro, Iago López Marra, Tomás Vieito ou Patricia Suárez.