Portos de Galicia e Culturmar asinan un convenio de colaboración para a organización do XVII Encontro de embarcacións tradicionais en Ribeira
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O evento celebrarase do 17 ao 20 de xullo nun espazo cedido polo ente público para fomentar e promocionar o patrimonio marítimo e a flota tradicional
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a organización do XVII Encontro de embarcacións tradicionais, que se celebrará este ano no peirao de Ribeira. O evento terá lugar entre os días 17 e 20 de xullo nun espazo cedido polo ente público para fomentar e promocionar o patrimonio marítimo e a flota tradicional.
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o da Federación, José Luis Sacau, asinaron o acordo de colaboración en virtude do cal Culturmar realizará as actividades, funcións e responsabilidades de todo tipo como entidade organizadora nos espazos de mar e terra e edificacións que pon a disposición o ente público.
Tal como se recolle no convenio, a ocupación dos espazos portuarios iniciarase o día 11 de xullo para a realización dos traballos previos de montaxe de carpas e demais elementos e rematará o día 22 de xullo cos traballos de desmontaxe. Ademais, Culturmar deberá cumprir coas obrigas que establece a Lei de espectáculos e obter das administracións públicas competentes, singularmente a municipal, as licencias, permisos, asistencia e control do evento. Tamén será a encargada de xestionar ante o Concello de Ribeira a disposición e aplicación da loxística necesaria de protección e seguridade cidadá durante a celebración do encontro.
Pola súa parte, Portos de Galicia cederá os espazos de titularidade autonómica, tanto en terra como auga, así como os edificios portuarios sinalados no convenio. O ente público contribúe así á celebración desta actividade como medida de impulso á actividade náutico recreativa e pesqueira e como ferramenta de xeración de actividade económica, ademais de preservar o patrimonio marítimo material e inmaterial.