A Xunta lamenta os novos prexuízos aos usuarios do tren tras o descarrilamento dunha locomotora que afectou ao servizo entre Madrid e Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Goberno galego volve poñer de manifesto a súa preocupación polo caos ferroviario español e a falta de información ás persoas viaxeiras

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025
A Xunta lamenta que no día de hoxe se volvan producir novas incidencias para os usuarios galegos dos servizos ferroviarios, concretamente da conexión por alta velocidade con Madrid-Chamartín, nun exemplo máis do caos ferroviario español. Tras a interrupción do servizo a causa da saída da vía dunha locomotora, o que provocou un fallo na subministración eléctrica, desde o Goberno galego incídese especialmente na falta de información ás persoas usuarias por parte da operadora ferroviaria, o que xera desconfianza cara á utilización do tren e lles supón maiores prexuízos.
Cómpre lembrar que aínda onte a Xunta puña de manifesto a súa preocupación polos novos retrasos nos servizos ferroviarios rexistrados nos últimos días. O Goberno galego lamenta que as persoas que se desprazan cada día por traballo, estudos ou outros motivos, tanto a través dos servizos de media distancia como dos de alta velocidade, se vexan prexudicados constantemente polas incertezas en relación ao funcionamento dos trens, sen que Renfe e Adif acheguen explicacións.
Nesta liña, o Goberno galego leva meses esixindo ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible o interlocutor con Renfe comprometido para poder contar con información actualizada sobre estas incidencias. Precisamente esta semana, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistía no Parlamento de Galicia en que as persoas usuarias dos servizos ferroviarios en Galicia se ven afectadas de xeito continuo por avarías, incumprimentos de horarios e fallos na web de Renfe, así como da supresión de servizos, a falta de prazas ou a limitación na venda anticipada nos billetes.
Ademais, a Xunta esixe ao Goberno central que ofreza certezas cos prezos dos billetes, ante a inminente fin dos bonos de transporte o vindeiro 1 de xullo.