A Xunta celebra o cuarto século do Colexio Rural Agrupado Amencer, exemplo do bo facer nas escolas rurais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa nos actos conmemorativos do centro educativo e pon en valor a súa traxectoria
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ribadavia (Ourense), 12 de xuño de 2025
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo polo 25ª aniversario do Colexio Rural Agrupado CRA Amencer de Ribadavia, onde felicitou a toda a comunidade escolar polo "cuarto século de vida ofrecendo unha ensinanza de calidade no rural ás numerosas xeracións que pasaron por aquí".
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP definiu este centro como un "exemplo do bo facer nas escolas rurais na formación da cativada de Ourense". Judith Fernández animou ao equipo directivo e ao alumando a seguir traballando polo futuro do colexio co firme compromiso coa educación de calidade como "un modelo de vangarda que é exemplo de cohesión social e capaz de xerar igualdade de oportunidades".
O acto conmemorativo deste colexio contou con actividades para que cativada e adultos gocen dunha xornada de orgullo polos 25 anos de traxectoria. Todos os participantes demostraron como os centros do rural teñen acceso a todos os programas educativos en igualdade de condicións, independentemente da súa localización.