A Xunta incide na importancia da dotación de equipamento aos servizos de emerxencias
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Mos (Pontevedra), 12 de xuño de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na celebración do 40 aniversario da empresa Incipresa, especializada no carrozado de vehículos contra incendios e comercialización e mantemento de equipos de rescate. Durante o acto conmemorativo, Diego Calvo incidiu na importancia da dotación de equipamento aos servizos de emerxencias, así como no compromiso da Xunta co reforzo constante destas dotacións.
Nesta liña, lembrou o esforzo orzamentario que fai o Goberno galego cada ano para facilitarlles aos servizos de emerxencias locais, Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais, material que lles permita desenvolver o seu labor coa máxima eficacia e seguridade. "Un esforzo orzamentario que, no caso destes colectivos, se traduce en máis de 27 millóns de euros nos últimos anos só para a dotación de equipamento", apuntou.