Gómez Caamaño salienta a fortaleza do sistema de xeración eléctrica do Hospital Lucus Augusti, capaz de producir máis do 100 % do seu consumo habitual

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca que o Servizo Galego de Saúde activou 138 grupos electróxenos durante o apagamento, o que fixo posible evitar cortes nos centros sanitarios
  • Sinala que o hospital lucense dispón de tres depósitos de combustible que poden achegar unha autonomía de 24 horas sen repostar
  • Adianta que se reforzarán os sistemas de alimentación ininterrompida nos centros de procesamento de datos e nos sistemas críticos do Servizo Galego de Saúde
  • A Xunta dotará os hospitais e puntos de atención continuada dunha rede satelital de órbita baixa para garantir as comunicacións ante perdas de conexión

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 12 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou a fortaleza do sistema de xeración eléctrica do Hospital Universitario Lucus Augusti ante situacións de crise, como o apagamento do pasado 28 de abril, xa que este equipamento é quen de producir máis do 100 % do consumo habitual do hospital.

Gómez Caamaño, acompañado do xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, visitou esta mañá as instalacións dos grupos electróxenos do HULA que garanten a autonomía enerxética ante continxencias como un apagamento xeral.

O hospital da capital lucense dispón de tres grupos electróxenos que suman 4.500 kilowatts, o que implica que o HULA ten unha reserva enerxética superior aos 3.490 que ten contratados coa rede. É dicir, ten capacidade para manter o seu funcionamento sen depender da subministración externa.

O conselleiro de Sanidade remarcou que, durante o apagamento xeneralizado en toda a península, todos os hospitais galegos continuaron funcionando e garantindo plenamente a asistencia sanitaria á cidadanía, grazas a que están dotados con este equipamento. De feito, 138 grupos electróxenos da rede do Servizo Galego de Saúde activáronse ese día de forma inmediata, asegurando que os centros sanitarios non sufrisen cortes.

No caso do Hospital Lucus Augusti, o centro sanitario conta ademais con tres depósitos de combustible, con 9.000 litros en total, que poden chegar a unha autonomía de 24 horas sen repostar.

Tras a visita, Gómez Caamaño interveu na inauguración da Xornada de xestión técnica de infraestruturas sanitarias para a continuidade asistencial, na que avanzou as próximas medidas da Xunta para mellorar a garantía de comunicacións no sistema sanitario durante un apagamento.

Por unha banda, reforzaranse os sistemas de alimentación ininterrompida nos centros de procesamento de datos e nos sistemas críticos do Servizo Galego de Saúde.

Outra medida na que xa está a traballar o Goberno galego é dotar os hospitais e puntos de atención continuada (PAC) dunha rede satelital de órbita baixa como rede de continxencia ante posibles perdas de conexión.

Tamén está previsto, entre outras cuestións, ampliar o número de xeradores ou garantir o acceso ao combustible en situacións de emerxencia.

O conselleiro de Sanidade agradeceu o labor de enxeñeiros e técnicos de diferentes categorías que traballan cada día na sanidade pública para manter operativos sistemas enerxéticos ou informáticos, ademais de procurar continuamente ferramentas máis seguras, sustentables e eficientes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1048774 {"title":"Gómez Caamaño salienta a fortaleza do sistema de xeración eléctrica do Hospital Lucus Augusti, capaz de producir máis do 100 % do seu consumo habitual","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1737377\/20250612_Farmacoterapeutica_Farmacoterapeitica-4.jpg","id":"1048774"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1048774-gomez-caamano-salienta-fortaleza-do-sistema-xeracion-electrica-do-hospital-lucus-augusti-capaz-producir-mais-do-100-do-seu-consumo-habitual https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.