A Xunta publica as instrucións para o novo curso, que reforzan a autoridade do profesorado e inciden na convivencia escolar

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • En consonancia con estes obxectivos, apóstase pola neutralidade ideolóxica como base da pluralidade e na promoción do pensamento crítico entre o alumnado
  • Tamén se inclúe un tempo de lectura diario en Primaria, de entre 20 e 30 minutos
Imagen del artículo A Xunta publica as instrucións para o novo curso, que reforzan a autoridade do profesorado e inciden na convivencia escolar
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP publica hoxe as instrucións para o novo curso, que reforzan a autoridade do profesorado e inciden na convivencia escolar. Logo de avaliar o documento nos últimos días cos representantes dos centros e das familias, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, explica ao respecto que os centros "deberán fomentar o respecto, a tolerancia cero contra as agresións e traballar en prol da prevención dos conflitos e da súa solución pacífica".

Como garante do bo clima nas aulas, faise fincapé na condición de autoridade pública do profesorado no exercicio das funcións directivas, organizativas, docentes e de corrección disciplinaria, recoñecida pola Lei de Convivencia de 2011. Ademais, as instrucións insisten na necesidade de que ningún docente sexa vítima de situacións contrarias á convivencia "e, de selo, na importancia de poñelo en coñecemento da administración educativa para prestarlles apoio e asesoramento", destaca a representante da Consellería de Educación.

En consonancia con estes obxectivos, o novo texto aposta pola neutralidade ideolóxica nas actividades complementarias que se desenvolvan nos centros, como base da pluralidade e o respecto ás liberdades individuais en base á Lei orgánica 8/1985 reguladora do dereito á educación. "Deste xeito favorécese a transmisión de valores constitucionais, a promoción do pensamento crítico entre o alumnado e que se informe obxectivamente e de maneira imparcial sobre o pluralismo social", sinala a directora xeral.

As actividades complementarias forman parte da programación e deben estar orientadas a facilitar o desenvolvemento do currículo ou motivar as aprendizaxes. As instrucións establecen que deberán distribuírse dun xeito equilibrado ao longo do curso e estar recollidas na Programación Xeral Anual. Excepcionalmente poden incorporarse actividades sobrevindas coa aprobación do equipo directivo e dando conta ao Consello Escolar e á Inspección Educativa.

Tempo de lectura

As instrucións do curso que vén establecen, así mesmo, un tempo diario para o fomento da lectura en Educación Primaria, de entre 20 e 30 minutos. Tal e como explica a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, "a medida forma parte do programa de reforzo da lectura incluído no Plan MEGA de mellora educativa de Galicia e ten como obxectivo fomentar o hábito lector, desenvolver as competencias clave e potenciar as estratexia de comprensión de todo tipo de textos e imaxes".

Os centros deberán, ademais, elaborar un Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información e aplicar un tempo dedicado á lectura en todas as etapas cun tratamento transversal, interdisciplinario e de implicación de todo o profesorado e materias, aproveitando as actividades do centro.

As instrucións difúndense hoxe no Portal Educativo e serán publicadas mañá no Diario Oficial de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1048770 {"title":"A Xunta publica as instrucións para o novo curso, que reforzan a autoridade do profesorado e inciden na convivencia escolar","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/188305-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1048770"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1048770-xunta-publica-as-instrucions-novo-curso-reforzan-autoridade-do-profesorado-e-inciden-na-convivencia-escolar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.