Marta Villaverde destaca a contribución da muller na produción pesqueira, marisqueira e acuícola, e nos proxectos innovadores e de transformación
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Avoga por seguir defendendo a realidade socio-laboral feminina que, no caso da industria e da comercialización, representa o 49% dos empregos e, no marisqueo a pé, supera o 75% dos posto de traballo
- No encontro, no que tamén interveu a directora-xerente do Cetmar, Villaverde puxo en valor a aposta do seu departamento pola economía azul en aras de que Galicia acade un desenvolvemento económico sostible

A Coruña, 12 de xuño de 2025
A contribución da muller na produción pesqueira, marisqueira e acuícola, así como nos proxectos innovadores e de transformación, foi e é fundamental para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Así o destacou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, no marco da mesa redonda Executivas polo Mar do III Foro Azul Mar de Mares, que hoxe se desenvolveu en A Coruña, e que se enmarca na duodécima edición do Festival Mar de Mares, co que colabora o Goberno galego.
Amparándose nos datos, a responsable autonómica trasladou que a cadea mar-industria precisa das mulleres, pois son un piar económico, cultural e patrimonial básico e con gran impacto dende a produción, ata a comercialización e transformación. Neste senso, amosou o seu compromiso para que a realidade socio-laboral feminina continúe considerándose como un dos principais activos do réxime do mar.
Dun xeito máis preciso, detallou que, na área da pesca extractiva, máis do 6% do sector é feminino; unha proporción que medra ata máis do 10% no que respecta ao estrato de artes menores do caladoiro nacional. Polo que atinxe ao ámbito acuícola, esta porcentaxe sube ata o 25%, concentrándose a maior representación nos parques de cultivo, onde esta cifra se sitúa no 40%. No eido da industria e comercialización de produtos pesqueiros os valores porcentuais chegan ao 49% e, finalmente, no marisqueo a pé, esta actividade supera as tres cuartas partes dos postos de traballo.
A economía azul, clave en Galicia
Xunto a Villaverde, no foro tamén participou a directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Rosa Chapela, cuxo relatorio levaba por título A Economía Azul, un novo futuro para Galicia. A este respecto, tanto a conselleira como Chapela puxeron en valor o desenvolvemento do encontro, pois a economía azul ten aos océanos como motor de crecemento e innovación para un desenvolvemento económico sostible.
A este respecto, ambas as dúas dirixentes defenderon que en Galicia este enfoque económico debe ser un dos grandes eixos, debido á gran frota pesqueira que posúe, á súa relevante industria de transformación alimentaria, ás numerosas empresas relacionadas co sector e porque a comunidade alberga dous dos portos pesqueiros máis importantes do continente.
12ª edición
O Festival Mar de Mares chega este ano á súa duodécima edición coincidindo coa semana internacional do Medio Ambiente e os Oceános, e faino baixo o lema Un Mar conCiencia. Trátase dun encontro artístico, educativo e lúdico, cuxo obxectivo é a preservación do mundo mariño. Por iso, en 2025 apostou por destacar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindible, de xeito que institucións, empresas e a cidadanía en xeral tomen conciencia da necesidade de preservar o ecosistema marítimo para garantir a súa sostibilidade.