A Xunta aposta pola formación a prol da prevención e loita contra o narcotráfico e o branqueo de capitais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Xustiza participou na inauguración da xornada 'Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais', organizada pola Xunta en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico
  • A Academia Galega de Seguridade Pública acolleu o encontro dirixido a profesionais dos corpos e forzas de seguridade, da Administración de Xustiza e do Servizo de Vixilancia Aduaneira, entre outros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Estrada (Pontevedra), 12 de xuño de 2025

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na inauguración da xornada Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais, onde incidiu na importancia da formación para a prevención e loita contra estes delitos. O encontro, organizado pola Xunta en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico e que contou tamén coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reúne ao longo do día na Academia Galega de Seguridade Pública profesionais dos corpos e forzas de seguridade, da Administración de Xustiza e do Servizo de Vixilancia Aduaneira, entre outros.

Na súa intervención, o director xeral referiuse á importancia de abordar de xeito conxunto os procedementos e boas prácticas nos eidos do financiamento do narcotráfico e o branqueo de capitais, para "clarificar a identificación e a clasificación dos riscos operativos e legais de cara a establecer mecanismos internos de prevención, xestión, control e reacción". "Trátase de condutas delituosas que xeran un gran dano social e que deben ser combatidas de xeito multidisciplinar", engadiu.

Tronchoni incidiu tamén na necesidade de adaptación continua para "darlles resposta aos riscos emerxentes derivados da innovación tecnolóxica, como as moedas virtuais, e da cada vez maior globalización das organizacións delitivas, así como do seu o enxeño para aproveitar as lagoas do sistema". Nesta liña, salientou a aposta da Xunta pola formación, "como instrumento de xestión e de adquisición de coñecementos e de habilidades que garantan bos profesionais e servizos de calidade".

Tras a inauguración, a sesión de mañá continuou con intervencións centradas na evolución do financiamento e branqueo de capitais procedentes do narcotráfico, o concepto de blockchain e os tipos de criptoactivos e criptomoedas, así como as diferenzas entre eles. Abordáronse tamén o marco legal e as estratexias, ferramentas e técnicas de investigación. Xa pola tarde, haberá dúas mesas de debate, unha sobre casos reais resoltos polas distintas unidades policiais e outra sobre desafíos, propostas e recomendacións formuladas por representantes do ámbito xudicial, fiscal e membros das forzas e corpos de seguridade do Estado con experiencia directa na loita contra o crime organizado.

O obxectivo é achegarlles aos participantes información específica sobre as metodoloxías que usan as redes do crime organizado, en particular narcotráfico, para ocultar a branquear as ganancias a través de criptoactivos, así como as estratexias especializadas para a súa detección e intervención. A iniciativa conta tamén co apoio e a participación do tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fiscalía Superior de Galicia, Corpo Nacional de Policía, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Centro formativo de referencia

A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia e tamén dos servizos de emerxencias. Ademais de preparar as novas promocións de Policía Local, ofrece accións formativas e divulgativas con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario para garantir a seguridade dos galegos e galegas. Así, a xornada Narcotráfico, criptoactivos e branqueo de capitais enmárcase na programación formativa da academia para o primeiro semestre do ano, que suma medio milleiro de actividades, con 250 no eido da seguridade pública e outras tantas no das emerxencias.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1048768 {"title":"A Xunta aposta pola formación a prol da prevención e loita contra o narcotráfico e o branqueo de capitais","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/182349-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1048768"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1048768-xunta-aposta-pola-formacion-prol-da-prevencion-e-loita-narcotrafico-e-branqueo-capitais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.