Román Rodríguez destaca o papel activo dos centros de educación especial para favorecer a inclusión educativa da que Galicia é lider estatal

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro, acompañado pola delegada da Xunta, visita o Centro de Educación Especial CEE Terra de Ferrol, onde avanza medidas pioneiras para blindar un ensino adaptado aos nenos con necesidades específicas e aos intereses das súas familias
  • Unha das novidades para o vindeiro curso e a Formación Profesional Adaptada con itinerarios personalizados para colectivos vulnerables
  • Na visita, tamén avanza a renovación da cuberta deste colexio, cun orzamento de licitación de 600.000€

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ferrol, 12 de xuño de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe o Centro de Educación Especial CEE Terra de Ferrol, onde destacou o "importante papel activo" que exercen este tipo de centros para favorecer a inclusión educativa da que Galicia é líder a nivel estatal. Non en balde, Galicia conta mellor rateo de alumnos/profesor en centros de Educación Especial, con 2,6 fronte á media estatal de 3,4, case un punto máis.

O titular de Educación subliñou que o Goberno galego traballa "desde o espírito de mellora constante" a través da Estratexia de inclusión educativa, Eduinclusión 2030, que entrará en vigor o vindeiro curso, para afianzar aínda máis o recoñecido modelo galego de igualdade e inclusión. Precisamente, un dos piares da estratexia é proporcionar unha educación inclusiva á carta, adaptada aos nenos con necesidades específicas e aos intereses das súas familias, con distintas opcións de escolarización existentes e polas que poden optar con autonomía: en centros ordinarios, modalidade combinada, centros de Educación Especial, etc.

Atención personalizada

Para iso, co fin de mellorar tamén a atención personalizada que reciben estes nenos, a Consellería traballa na revisión dos protocolos actualmente en funcionamento e deseñaranse outros novos en diálogo cos colectivos interesados, así como da normativa existente para adaptala á evolución e necesidades actuais.

Así mesmo, entre as iniciativas novidosas que se porán en marcha xa o vindeiro curso está a creación da FP Básica Adaptada, unha acción pioneira e exclusiva de Galicia enfocada a asegurar a permanencia dos colectivos vulnerables no sistema educativo máis aló das etapas de ensino obrigatorio.

A finalidade desta FP Básica Adaptada, que arrancará como experiencia piloto cun programa formativo en Comercio, é ofrecer "unha formación específica e un apoio personalizado e adaptado ás necesidades de cada un dos alumnos", explicou o conselleiro. Trátase pois, de acompañar e axudar á cualificación destes estudantes para o seu desenvolvemento persoal e profesional aproveitando ao máximo as sinerxías entre a Administración, os centros de Educación Especial e de FP, as entidades e colectivos de atención á diversidade e tamén o tecido empresarial para o impulso de prácticas en empresa.

O conselleiro de Educación reivindicou que a aposta do Goberno galego coa inclusión e a atención á diversidade "é firme" e queda demostrada en medidas xa en marcha como como a contabilidade do alumnado con necesidades educativas especiais por dous ou por tres a efectos de rateos, unha acción pioneira coa que non conta ningunha outra comunidade autónoma en España, ou o incremento constante de profesorado especialista de apoio, que practicamente se duplicou en 15 anos.

Cambio de cuberta

No marco da súa visita ao centro, o conselleiro referiuse tamén á mellora das infraestruturas do CEE Terra de Ferrol, onde xa están licitadas as obras de substitución das cubertas, cun orzamento de case 600.000€. A intervención, que ten un prazo de execución de cinco meses desde a adxudicación, supón a renovación de máis de 4.000 m² de cubertas, incluído as dos módulos do 1 ao 8, taller de carpintería, corredor central e os soportais exterior e de xogo.

A previsión é iniciar a obra a comezos de xullo para tela rematada entre novembro e decembro. Os traballos inclúen a retirada da cubrición actual, a instalación dunha subestrutura de perfís de aceiro e a colocación da nova cuberta de panel sándwich. Tamén se mudan os canos e baixantes por outros novos así como as pranchas metálicas dos soportais por outras combinadas con pezas translúcidas. O proxecto contempla tamén a renovación das luminarias da primeira planta por unhas led con equipos de control lumínico e detector de movemento.

A obra no CEE Terra de Ferrol enmárcase no Plan de nova arquitectura pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar os centros de ensino, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas actuais. Ao seu abeiro, a Xunta inviste 10M€ nunha vintena de actuacións en centros ferroláns entre as que destacan rehabilitacións integrais como as do Colexio CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte (1,4M€) ou do Instituto IES de Catabois (800.000€).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1047821 {"title":"Román Rodríguez destaca o papel activo dos centros de educación especial para favorecer a inclusión educativa da que Galicia é lider estatal","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/188142-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047821"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1047821-roman-rodriguez-destaca-papel-activo-dos-centros-educacion-especial-favorecer-inclusion-educativa-da-galicia-e-lider-estatal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.