Medio Rural reforza a formación e actualización dos programas sanitarios nas asociacións de defensa sanitaria gandeira de vacún

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou hoxe na apertura desta xornada que se está a celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude
  • Salientou que a Consellería destinou este ano máis de 2 millóns de euros en axudas para estas entidades, subvencionando os programas de planificación zoosanitaria que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2025 e o 28 de febreiro de 2026
Imagen del artículo Medio Rural reforza a formación e actualización dos programas sanitarios nas asociacións de defensa sanitaria gandeira de vacún
Boqueixón (A Coruña), 12 de xuño de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, inaugurou hoxe a xornada Formación e actualización dos programas sanitarios nas Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) de vacún, que se está a celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (Boqueixón). Con esta xornada refórzase o traballo que realizan estas entidades no desenvolvemento dos programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, así como na súa participación na rede galega de epidemiovixilancia.

Esta xornada, que terá unha continuación no mesmo centro o día 19, aborda cuestións como os aspectos fundamentais, ferramentas de diagnóstico, seguimento e monitorización das enfermidades controladas polas ADSG; a cualificación das explotacións fronte ás enfermidades; os grupos de mostraxe e envíos ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga); as resistencias antrimicrobianas e o uso racional dos antibióticos; e a voluntariedade do veterinario de explotación e ás obrigas de vixilancia do titular da explotación.

O director xeral puxo en valor o traballo das ADSG e lembrou que este mesmo ano, a Consellería do Medio Rural destinou máis de 2 millóns de euros a axudas para este tipo de entidades. En concreto, subvenciónanse os programas de planificación zoosanitaria que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2025 e o 28 de febreiro de 2026, xa que reforzan as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o seu nivel produtivo e sanitario e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a cabana gandeira galega.

Asemade, tal e como destacou o director xeral, estas agrupacións tamén facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, ao benestar e á sanidade animal. Mediante estas achegas, preténdese avanzar na integración de gandeiros nestas entidades, establecendo axudas proporcionais ao esforzo económico que realizan estas agrupacións nos devanditos programas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1047817 {"title":"Medio Rural reforza a formación e actualización dos programas sanitarios nas asociacións de defensa sanitaria gandeira de vacún","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/188141-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047817"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1047817-medio-rural-reforza-formacion-e-actualizacion-dos-programas-sanitarios-nas-asociacions-defensa-sanitaria-gandeira-vacun https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.