A Xunta proxecta en Bueu 1,3 km de senda na PO-551 que conectará os accesos ás praias de Lapamán, Portomaior e Agrelo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Executaranse un novo itinerario peonil que conectará os núcleos de Lapamán, Cela e Castrelo, cun investimento previsto de preto de 700.000 €
  • A conselleira subliñou que a actuación, que se enmarca na segunda fase do Plan de Sendas, "porá aínda máis en valor" esta contorna costeira do concello de Bueu
  • A previsión da Xunta é someter a información pública o proxecto a finais deste ano a fin de iniciar as obras no vindeiro 2026 e a actuación cofinanciaranse con fondos europeos FEDER
Imagen del artículo A Xunta proxecta en Bueu 1,3 km de senda na PO-551 que conectará os accesos ás praias de Lapamán, Portomaior e Agrelo
Bueu (Pontevedra), 12 de xuño de 2025

A Xunta habilitará unha nova senda ao longo da PO-551 en Bueu que facilitará a conexión entre as praias de Lapamán, Portomaior e Agrelo e os núcleos de poboación da súa contorna. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, anunciou hoxe a actuación, que levará un investimento de preto de 700.000 €.

En concreto, a futura senda terá unha lonxitude de case 1,3 km seguindo a PO-551 nos núcleos de Lapamán, Cela e Castrelo. Arrancará na glorieta que dá acceso á praia de Lapamán e terminará nas beirarrúas existentes en Agrelo, pasando pola rotonda de acceso á praia de Portomaior.

A previsión da Xunta é someter a información pública o proxecto a finais deste ano a fin de iniciar as obras no vindeiro ano 2026. A actuación cofinanciaranse con fondos europeos FEDER.

A conselleira subliñou que esta actuación, que se enmarca no Plan de Sendas de Galicia da Xunta, "porá aínda máis en valor" esta contorna do concello, unha das zonas de praia máis concorridas no verán por veciños e visitantes.

E sinalou que o novo treito dará continuidade á senda xa executada nesta mesma estrada entre Vilaseca e Lapamán (en Marín), con 1,4 km, "de xeito que se acadarán case 3km de senda continua para que veciños e visitantes poidan desprazarse neste viario costeiro entre Marín e Bueu con seguridade".

Ademais, xunto con anteriores actuacións levadas a cabo nos últimos anos, unha vez executado este treito, permitirá que se poida camiñar ao longo da estrada autonómica PO-551 entre Marín e Bueu. "Incluso -engadiu Allegue-, coa senda que está en execución na estrada vella de Marín, poderase camiñar entre Pontevedra e Bueu".

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destacou a aposta do Goberno galego polo Plan de Sendas, co que xa hai en Galicia 300 km de itinerarios peonís e ciclistas nas marxes das estradas autonómicas para faciitar unha mobilidade sostible e segura. E a Xunta ten xa en marcha a segunda fase deste plan, para estender esta rede noutros 120km ata 2027.

Outros treitos executados

Na estrada PO-551, a Xunta xa actuara cunha senda en Bueu no treito entre Trasouto e o Alto da Portela (570.000 €), e no concello de Marín con outro itinerario entre Bagüín e Seixo (case 700.000 €), así como na PO-313 entre Coirados e Pardavila (570.000 €)

"Seguiremos a dar pasos nesta senda da mobilidade sostible, e no compromiso que temos marcado -apuntou Allegue-, avalados tamén por ese recoñecemento internacional que acadamos por estes proxectos na Unión Europea que nos anima a afondar neste camiño. E seguiremos traballando arreo para proporcionar aos cidadáns unhas estradas seguras, eficientes e cómodas que favorezan os seus desprazamentos e faciliten o día a día".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1047816 {"title":"A Xunta proxecta en Bueu 1,3 km de senda na PO-551 que conectará os accesos ás praias de Lapamán, Portomaior e Agrelo","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047816"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1047816-xunta-proxecta-bueu-1-3-km-senda-na-po-551-conectara-os-accesos-as-praias-lapaman-portomaior-e-agrelo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.