O programa EBici da Xunta xa concedeu axudas por máis de 680.000 euros na área de Vigo nos últimos tres anos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, lembra que está aberta a nova convocatoria, dotada con 1,7 millóns, para a compra de bicicletas novas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas
- O prazo de usuarios estará aberto ata o 13 de novembro do 2026 ou ata que se esgote o crédito e as empresas interesadas en colaborar poderán seguir adheríndose a EBici ata finais de agosto do 2026
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 12 de xuño de 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, fixo balance este xoves dos resultados do programa EBici para a compra de bicicletas con pedaleo asistido, que acaba de abrir unha nova convocatoria ata novembro de 2026, e destacou o éxito da iniciativa que converte á área na zona con maior número de achegas aprobadas. En total, na comarca viguesa foron solicitadas 1.371 axudas desde que comezou a iniciativa en 2022, o que supón 681.518,2 do total de 2,7 millóns de euros co que contou a iniciativa estes tres anos.
Ana Ortiz xa anunciou o pasado ano que, ante a gran resposta da cidadanía, continuaría en marcha e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes confirmou o pasado mes de maio que se abre unha nova convocatoria. Así, as axudas poderán solicitarse ata o 13 de novembro do ano 2026 ou ata que se esgote o crédito en calquera dos establecementos asociados ao programa, que serán os encargados de presentar estas solicitudes para concluír a compra.
O importe destas subvencións parten do 50% do custo cun máximo de 500 euros con carácter xeral. As familias numerosas contarán cun 60% de desconto co máximo en 600 euros e no caso das familias numerosas de categoría especial ou as persoas con mobilidade reducida as axudas aumentan ata o 70% ou un máximo de 700 euros do custo da bicicleta ou dispositivo adaptado para cadeira de rodas.
Listaxe de establecementos
A listaxe de establecementos asociados pódese consultar a través da páxina web https://ebici.xunta.gal da Dirección Xeral de Mobilidade e irase actualizando segundo avance o programa, xa que compre recordar que o prazo dos establecementos para adherirse a EBici segue aberto, polo que poderán seguir sumándose ata o 31 de agosto do 2026. Poden adherirse calquera establecemento de Galicia que se dedique total ou parcialmente á venda de bicicletas e serán os encargados de presentar, de xeito electrónico, a solicitude de axuda para completar a compra. De momento, dende a apertura do prazo o 2 de maio, xa se sumaron máis de 80 entidades.
Tamén, as máis de 150 empresas que xa se asociaran na anterior convocatoria poden volver a acceder ao programa a través dunha solicitude simplificada dispoñible ata o 2 de xullo, aínda que se prefiren colaborar máis tarde poderán facelo a través do procedemento ordinario. Esta nova convocatoria estará dotada con 1,7 millóns de euros, distribuídos en dúas anualidades: 1 millón de euros en 2025 e 700.000 euros en 2026. Con esta iniciativa, preténdese contribuír a dinamizar o comercio local e estimular a economía dos pequenos establecementos.
Mobilizados arredor de 8 millóns de euros
Dende o seu inicio en 2022, o Goberno galego destinou preto de 2,7 millóns de euros a EBici cos que se logrou mobilizar arredor de 8 millóns de euros en total. Con esta nova convocatoria xa serán 4,4 millóns de euros os fondos destinados dende a Xunta.
O éxito do programa reflexouse nas 167 entidades colaboradoras e nas máis de 5.300 persoas beneficiadas por estas axudas, principalmente na contorna urbana, onde se concentra a meirande parte da poboación. Por provincias, a maioría das axudas concedidas corresponden a Pontevedra, con 2.870 e 1,4 millóns de euros asignados, seguida da Coruña, con 1.582 axudas e máis de 780.600 euros. En Ourense concedéronse 573 axudas que suman 285.100 euros e en Lugo 368, con case 181.000 euros.
En canto ás entidades adheridas ao programa, 69 sitúanse en Pontevedra, 61 na Coruña, 19 en Lugo e 18 en Ourense. Trátase de establecementos comerciais abertos ao público en Galicia que se dedican de xeito total ou parcial á venda de bicicletas con pedaleo asistido ou bicicletas de man eléctricas ou híbridas.