López Campos anuncia aos alcaldes da Ribeira Sacra a visita en outubro de consultores da Unesco no tramo final da candidatura a Patrimonio Mundial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca as "boas sensacións" durante todo o proceso, que levan a Xunta "a confiar" en que se acadará este recoñecemento internacional en 2026
  • A proposta céntrase nos atributos especiais desta paisaxe que abrangue as provincias de Lugo e Ourense e que o dotan dun "valor universal e excepcional"
  • Salienta o esforzo por parte do Goberno galego nestes concellos con preto de 8 M€ para a posta en valor de máis de 40 bens patrimoniais durante estes últimos anos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Peroxa (Ourense), 12 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe a visita no mes de outubro deste ano á Ribeira Sacra de consultores da Unesco, dentro dos pasos establecidos no tramo final da candidatura a Patrimonio Mundial, que será avaliada en xuño de 2026.

"Estamos convencidos do valor deste territorio e, por iso, confiamos en que acade o merecido recoñecemento", aseveroulles López Campos a alcaldes, representantes de entidades locais e axentes sociais da zona implicados coa candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga, aos que lles quixo trasladar as "boas sensacións" coas que conta o Goberno galego.

O representante da Xunta trasladou nesta reunión que a de Ribeira Sacra xa forma parte das candidaturas admitidas para ser avaliadas polo Comité Mundial da Unesco, tras cumprir o Goberno galego "rigorosamente cos trámites, documentación e tempos exixidos". Deste xeito, explicou que, neste intre, "se está xa na recta final" do proceso, "que inclúe esta visita in situ ao territorio, á que lle seguirán outros procedementos de cara á decisión final deste organismo en 2026".

"Estamos, de novo, perante pasos claves aos que nos enfrontamos coa tranquilidade e seguridade que dá contar cunha candidatura madura, sólida e arroupada non só polo Goberno central, senón por toda a comunidade, veciñanza, axentes locais e institucións da zona", asegurou López Campos, quen lles agradeceu neste acto "a total implicación e desde o primeiro momento" coa proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da Auga.

O conselleiro lembrou que a candidatura pon en valor que se está ante un territorio que abrangue 26 concellos das provincias de Lugo e Ourense e que posúe "un valor universal e excepcional". Precisamente, a proposta céntrase en atributos especiais para deixar constancia do seu carácter único, que van desde os canóns e vales fluviais esculpidos pola auga ata o relevante do seu patrimonio hidráulico, con infraestruturas que teñen chegado aos nosos días desde a revolución tecnolóxica medieval con muíños, centrais ou os saltos impresionantes de auga.

Ao respecto, fixo fincapé en que a candidatura presenta unha paisaxe construída co uso da auga "dun xeito novidoso que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial", argumentou o máximo responsable de Cultura do Goberno galego.

Folla de ruta iniciada en 2017

Finalmente, o conselleiro aproveitou a súa intervención para lembrar o "esforzo e intenso traballo" por parte do Goberno galego coa candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga. Con este obxecto, sinalou os preto de 8 M€ que a Xunta ten investido na conservación e posta en valor de máis de 40 bens patrimoniais deste territorio das provincias de Ourense e Lugo.

En concreto, ao longo deste período, a Administración autonómica executou, en solitario ou en colaboración con outras institucións e concellos, máis de 90 actuacións tanto en materia arquitectónica como arqueolóxica en diferentes bens, como igrexas, mosteiros, museos, castros ou xacementos romanos, entre outros. "Co esforzo e traballo de todos, a Ribeira Sacra conseguiu ser hoxe en día un territorio aínda máis vivo, máis coidado e máis recoñecido e aínda o vai ser máis cando academos este merecido recoñecemento internacional", concluíu.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/06/2025
1047812 {"title":"López Campos anuncia aos alcaldes da Ribeira Sacra a visita en outubro de consultores da Unesco no tramo final da candidatura a Patrimonio Mundial","published_date":"2025-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/188294-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047812"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-12/1047812-lopez-campos-anuncia-aos-alcaldes-da-ribeira-sacra-visita-outubro-consultores-da-unesco-tramo-final-da-candidatura-patrimonio-mundial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.