A Xunta reafirma o seu compromiso cos festivais galegos coa presentación en Madrid do "Espírito Ribeiro"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio, Gabriel Alén, recoñeceu a importancia deste festival, que une música, artesanía e sabores de Galicia Calidade
- Con esta, a Casa de Galicia en Madrid pon fin ás presentacións de festivais galegos promovidos durante o mes de xuño
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 11 de Xuño de 2025
A sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación da nova edición do Festival Espírito Ribeiro, un evento musical que se desenvolverá no mes de xuño no corazón da comarca do Ribeiro. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén.
Ramos destacou a importancia deste tipo de festivais como exemplo de dinamización cultural, económica e turística do rural galego. "Estes ciclos de concertos mostran o potencial que temos como territorio creativo, cunha oferta cultural de calidade e cunha capacidade de organización admirable por parte dos concellos participantes", sinalou tamén que "O festival Espírito Ribeiro representa esa Galicia que suma, que se entende e que traballa conxuntamente para poñer en valor o noso patrimonio natural, vinícola e musical".
O director de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, fixo referencia á importancia desde festival para impulsar o turismo na comarca do Ribeiro, ademais apuntou que "neste festival únese todo o que Galicia ten que ofrecer, produtos de Artesanía de Galicia, de Galicia Calidade e da Denominación de Orixe do Ribeiro, que fan do festival Espírito RIbeiro una experiencia para todos os sentidos".
O Festival Espírito Ribeiro, que este ano se celebra no concello de Castrelo de Miño, conta cunha programación que combina propostas musicais de primeiro nivel con espazos singulares vinculados á paisaxe, á viticultura e ao patrimonio da comarca. Trátase dunha iniciativa que une territorio, tradición e vangarda nun formato que cada ano gaña novo público e consolidación.
Con esta presentación péchase un ciclo que ao longo deste mes de xuño acolleu no mesmo espazo a presentación dos Concertos do Xacobeo, do Ciclo de Concertos de Barcia de Mera e do Festival Groba.