Xosé Merelles destaca a identidade e a tradición do Ribadeo Indiano como reclamo turístico do destino
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director de Turismo de Galicia presentou esta tarde a décima edición da cita que terá lugar do 11 ao 13 de xullo

Ribadeo (Lugo), 11 de xuño de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta tarde a décima edición da celebración Ribadeo Indiano que terá lugar do 11 ao 13 de xullo deste ano. Durante a súa intervención, Xosé Merelles salientou a importancia deste tipo de celebracións que suman atractivo turístico aos destinos nos que teñen lugar, "converténdose ao mesmo tempo, nun valor que esperta por si mesmo o interese e participación de visitantes".
O director de Turismo de Galicia salientou que este tipo de eventos son unha mostra da identidade e da tradición do territorio, polo que "están chamadas a ser un reclamo turístico único" que contribúen ademais á desestacionalización do destino, con citas durante todo o ano.
Precisamente, Xosé Merelles salientou que en 2024, a demanda turística do xeodestino Mariña Lucense medrou o 3,4% con respecto ao ano anterior.
Referíndose ao Ribadeo Indiano, dixo que se trata dunha das citas do verán da Mariña Lucense e de toda Galicia, ao tratarse cunha celebración con carácter propio e moi identificativa do pasado da comunidade, lembrando a emigración e o retorno de galegos de finais do século XIX e principios do XX.