A Xunta lamenta non poder adoptar medidas de control da poboación do lobo de forma inmediata

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Os servizos xurídicos do Executivo galego están a estudar en profundidade o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que suspende cautelarmente o réxime de xestión desta especie
  • O Goberno autonómico defende que o estado do lobo é favorable na Comunidade: as mandas pasaron de 84 en 2014 a 93 nas últimas estimacións, con presenza en máis do 90% do territorio, os avisos por ataques aumentaron un 77% desde 2021 e as reses afectadas un 57%
  • Ángeles Vázquez alerta das consecuencias para as explotacións gandeiras e dos efectos sobre a biodiversidade
Imagen del artículo A Xunta lamenta non poder adoptar medidas de control da poboación do lobo de forma inmediata
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

A Xunta lamenta a imposibilidade de adoptar medidas de control da poboación do lobo de forma inmediata, unha vez recibido o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que suspende, de xeito cautelar, a modificación da resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza en Galicia na tempada cinexética 2024-2025.

Os cambios na resolución, publicados no Diario Oficial de Galicia en abril, supoñían incorporar esta especie ao listado daquelas sobre as que se podían adoptar medidas de control en casos de danos recorrentes sobre a gandaría. De feito, trátase dunha modificación que se realizou trala exclusión das poboacións do lobo ao norte do río Douro do Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe) e co fin de volver a aplicar o plan galego de xestión do lobo que estivo vixente ata 2021, sen que en ningún momento fose posto en dúbida ou recorrido xudicialmente.

Os servizos xurídicos do Executivo galego están a estudar en profundidade o auto do TSXG, tendo presente o criterio seguido nas últimas semanas polos tribunais doutras comunidades -como é o caso de dúas resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria e unha do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León-, que rexeitan a suspensión cautelar das accións de control sobre o lobo ao entender que o estado das súas poboacións é favorable.

Unha situación, defende a Xunta, que tamén se dá en Galicia, pois o número de mandas da especie -como recolle o último estudo remitido ao Goberno central de cara á elaboración do informe sexenal- aumentou de 84 en 2014 a 93 nas últimas estimacións, e está presente en máis do 90% do territorio galego. De feito, boa mostra dese estado favorable das poboacións da especie é que só desde o ano 2021 os avisos por ataques de lobos na comunidade aumentaron un 77% e o número de reses afectadas un 57%.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, alertou das consecuencias para o sector agrogandeiro galego, que non poderá adoptar medidas de control fronte á presenza do lobo e terá que limitarse ás medidas de prevención e a solicitar axudas para compensar os danos cando se produzan.

A Xunta salienta que, desde a exclusión do lobo do Lesrpe, actuou en todo momento con rigorosidade e retomou o plan de xestión que estaba vixente ata 2021. De feito, a caza do lobo seguía estando prohibida con carácter xeral malia a súa inclusión na resolución pola que se determinan as épocas hábiles para practicar a actividade cinexética. É dicir, só se podían adoptar medidas de control fronte aos danos recorrentes sobre a gandaría coa debida xustificación.

Nas últimas semanas, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural tramitou distintas solicitudes recibidas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense, e autorizou dúas -unha na Coruña e outra en Ourense- que cumprían os requisitos ao estar suficientemente xustificadas. As accións desenvolvidas ata o momento -esperas- non deron resultados, polo que non se extraeu ningún exemplar, e as pendentes de realizar na provincia da Coruña -as datas autorizadas no caso de Ourense xa pasaron- serán suspendidas de xeito inmediato, en cumprimento do que establece o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2025
1047462 {"title":"A Xunta lamenta non poder adoptar medidas de control da poboación do lobo de forma inmediata","published_date":"2025-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047462"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-11/1047462-xunta-lamenta-non-poder-adoptar-medidas-control-da-poboacion-do-lobo-forma-inmediata https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.