O Plan corresponsables encara a súa cuarta edición promovendo a conciliación e a igualdade a través do deporte
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a Orde pola que se convocan as actividades de animación sociodeportiva para o ano 2025

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar no día de hoxe a Orde do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se convocan para o ano 2025.
Nesta ocasión, a que será a cuarta edición do Plan Corresponsables contará cun orzamento de preto de medio millón de euros (448.623 euros) para as federacións deportivas galegas. O plan promove por cuarto ano consecutivo, a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos de ata 16 anos de idade ao cargo fomentando a corresponsabilidade, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportiva para nenos e nenas e mozos e mozas destas idades. Deste xeito, mellorarase a vida cotiá das familias e a súa conciliación laboral, familiar e persoal, sobre todo coincidindo coas vacacións de verán nos centros educativos. De feito, o período de desenvolvemento das actuacións subvencionables comprende do 1 de agosto ao 30 de setembro do presente ano.
Ademais de promover a igualdade e a corresponsabilidade entre mulleres e homes, o Plan Corresponsables fomenta o deporte base achegándolle distintas modalidades e favorecendo a convivencia e o xogo en equipo desde as idades máis temperás e a adquisición de hábitos de vida saudables grazas aos beneficios do deporte para a saúde física e mental. Tamén axuda á creación de emprego de calidade no sector dos coidados garantindo a calidade dos servizos mediante as bolsas de coidado profesional.
A través deste apoio, a Xunta financia os gastos derivados da habilitación de servizos de coidado profesional de nenos, nenas e mocidade ata 16 anos inclusive, isto é, custos salariais e de cotización á Seguridade Social e gastos relacionados co desenvolvemento de actividades de animación socio deportiva realizadas polas federacións no marco dos seus programas deportivos.
Na convocatoria de 2022 adheríronse 18 federacións deportivas de Galicia e leváronse a cabo, entre xuño e novembro, máis de 2.500 actividades das distintas modalidades deportivas en 175 concellos ás que asistiron máis de 17.700 nenos e nenas. O desenvolvemento do plan posibilitou ademais a contratación de 364 persoas. Isto supuxo, unha superación sen precedentes das expectativas iniciais, dun aumento do 120% en participantes e do 400% en actividades. En 2023, outorgáronse outras 17 subvencións a federacións e o balance tamén foi positivo con máis de 12.300 participantes en máis de 2.800 grupos de actividades en case un cento de municipios, que contribuíron á contratación de 147 persoas. En 2024 as federacións beneficiarias ascenderon ata as 26 con preto de 9.000 participantes.
Ademais, tras o éxito colleitado, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou un convenio coas tres universidades galegas -Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo)-, para o desenvolvemento do Plan Corresponsables. Deste xeito, ao igual que as federacións deportivas, tamén poden organizar actividades e axudar a conciliar ás familias grazas ao deporte.