Rueda salienta o compromiso da Xunta coa investigación mariña e a calidade científica no 50º aniversario do CIMA

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca a influencia do CIMA sobre a modernización da acuicultura galega, a protección dos cultivos de moluscos ou a profesionalización das mariscadoras
  • Apunta á aposta da Xunta pola I+D+i propia, con accións como o Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, dotado con 1.300 millóns de euros
Imagen del artículo Rueda salienta o compromiso da Xunta coa investigación mariña e a calidade científica no 50º aniversario do CIMA
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 11 de xuño de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou esta tarde no acto de conmemoración do 50º aniversario do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), onde puxo en valor o papel estratéxico que esta institución desempeña no sistema científico galego, así como a aposta do Goberno autonómico por unha investigación útil, conectada co territorio e orientada á mellora da calidade de vida da cidadanía.

Rueda subliñou que o CIMA é un exemplo de excelencia científica con impacto directo sobre o sector do mar, tanto no eido da acuicultura como na xestión sostible dos recursos mariños. Ao longo de medio século de traxectoria, o centro consolidouse como un referente internacional, con máis de 850 comunicacións científicas, 350 publicacións especializadas e preto de 40 teses doutorais. Ademais, conta cun plan de investigación estable ata 2027, cun orzamento próximo aos 3 millóns de euros.

O presidente destacou a evolución do CIMA desde a súa orixe como planta piloto en Vilaxoán ata o seu desenvolvemento actual en Corón e Ribadeo, con 35 profesionais que traballan en áreas clave como a oceanografía costeira, os recursos mariños, a acuicultura ou a patoloxía de moluscos. Un equipo que, segundo indicou, representa o mellor da investigación pública galega, cunha clara vocación de servizo á sociedade e ao sector produtivo.

O xefe do Executivo autonómico enmarcou o labor do CIMA no traballo que tamén se realiza dende a Rede CIGUS, que agrupa dez centros de investigación universitaria de Galicia e simboliza o esforzo conxunto da comunidade científica galega. Nesta liña, destacou que Galicia é líder en crecemento de investimento en I+D+i a nivel estatal, cun incremento do 28% ata alcanzar os 962 millóns de euros e preto de 14.000 persoas dedicadas á actividade investigadora.

Tamén fixo referencia ás principais iniciativas que está a impulsar a Xunta para reforzar o ecosistema científico galego, incluíndo o Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, dotado con 1.300 millóns de euros; a creación da Fundación GALTIA para a atracción de talento internacional; ou unha convocatoria histórica de axudas á investigación, con preto de 30 millóns de euros, entre outras accións.

O titular do Goberno galego incidiu na importancia da transferencia do coñecemento como motor de transformación e competitividade, poñendo como exemplo os logros do CIMA: desde a modernización da acuicultura autonómica e a protección dos cultivos de moluscos, ata a mellora da avaliación da saúde dos bancos marisqueiros e o apoio ás confrarías e mariscadoras cara unha maior profesionalización.

Rueda concluíu recoñecendo o papel fundamental que o CIMA desempeña como aliado estratéxico da Xunta na resposta aos desafíos do mar, como o cambio climático, a adaptación á normativa europea e a sustentabilidade dos recursos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2025
1047457 {"title":"Rueda salienta o compromiso da Xunta coa investigación mariña e a calidade científica no 50º aniversario do CIMA","published_date":"2025-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047457"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-11/1047457-rueda-salienta-compromiso-da-xunta-coa-investigacion-marina-e-calidade-cientifica-50-aniversario-do-cima https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.