Román Rodríguez fixa a inclusión educativa como "unha prioridade de país" que se reforzará o vindeiro curso con medidas pioneiras e á carta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A través da Estratexia galega de inclusión avanza accións para blindar a igualdade de oportunidades cun ensino adaptado ás potencialidades e necesidades de cada alumno
  • O titular de Educación participa na clausura da quinta edición do programa Talentos Inclusivos para o fomento da innovación tecnolóxica e a inclusión social
Imagen del artículo Román Rodríguez fixa a inclusión educativa como unha prioridade de país que se reforzará o vindeiro curso con medidas pioneiras e á carta
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, sinala que a inclusión educativa é "unha prioridade de país" para a Xunta de Galicia que o vindeiro curso se reforzará con novas medidas pioneiras e á carta que permitirán afianzar o modelo galego de ensino referente neste eido en España.

Así o sinalou esta mañá con motivo do peche da 5º edición de Talentos Inclusivos, un programa para o fomento da innovación tecnolóxica e a inclusión social impulsado pola Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña e a Confederación Española de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral (Aspace).

No acto, no que estivo acompañado pola directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, o titular de Educación do Goberno galego lembrou que o sistema educativo galego contará a partir do próximo curso coa nova Estratexia de inclusión educativa, Eduinclusión 2030, dotada con 116M€, que ten como obxectivo blindar a igualdade de oportunidades para que cada alumno poida aproveitar as súas potencialidades, cun ensino á carta que se adapte ás necesidades individuais. Isto vai na liña de avanzar no actual modelo galego como o máis equitativo e inclusivo do Estado segundo as estatísticas oficiais do Ministerio de Educación.

Neste senso, o conselleiro referiuse a novas accións como a posta en marcha da FP Básica Adaptada, para asegurar a permanencia do alumnado no sistema máis aló do ensino obrigatorio, o impulso das prácticas en empresas que fomenten a inclusión social e laboral, o apoio personalizado aos alumnos en función das súas condicións e necesidades a través de programas formativos adaptados, o reforzo da colaboración cos colectivos de atención á diversidade para impartir formación especializada, a experiencia piloto Impulso mentor para o desenvolvemento dos estudantes de etnia xitana ou un programa para alumnado de altas capacidades, entre outros.

Precisamente, o titular do departamento educativo da Xunta destacou que o programa Talentos Inclusivos "entronca co principal obxectivo desta estratexia: sacar o mellor de cada alumno". Neste sentido, lembrou que esta folla de ruta comezará a funcionar o vindeiro curso e "contribuirá a reforzar o sistema educativo galego como o máis inclusivo de España".

O Edificio Fontán, na Cidade da Cultura, acolle ao longo da mañá de hoxe os expositores nos que os 16 centros participantes en Talentos Inclusivos amosan máis de medio cento de proxectos desenvolvidos por alumnos de ESO, Bacharelato e FP en colaboración con persoas con parálise cerebral. A través deles inténtase dar resposta a retos tecnolóxicos que melloren a calidade de vida deste colectivo. Nos equipos participan estudantes, persoas con discapacidade, profesorado dos centros educativos e investigadores do CITIC.

Propostas para a vida diaria

Entre outras propostas, os equipos participantes amosan proxectos de videoxogos adaptados, timbres inalámbricos, ramplas portátiles para cadeiras de rodas ou solucións para facilitar actividades cotiás como abrir e pechar a billa, tirar da cisterna, falar por teléfono, coidar as plantas ou amañarse diante dun espello.

Os retos tecnolóxicos foron definidos coa colaboración das entidades Aspace Coruña, Amanecer-Aspace, APAM e, por primeira vez, Cruz Vermella Coruña, que se suma ao programa para propoñer solucións orientadas ás necesidades das persoas maiores. A través deles búscase sensibilizar á mocidade sobre a diversidade funcional e as necesidades específicas das persoas con discapacidade, ao tempo que se promove a aprendizaxe colaborativa

Participan nesta quinta edición de Talentos Inclusivos os seguintes centros.

Centro

Localidade

A Coruña

CPR Calasanz-PP Escolapios

A Coruña

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

A Coruña

IES Ramón Menéndez Pidal

A Coruña

CEEPR Nosa Señora De Lourdes

A Coruña

CPR Plurilingüe Montespiño

Culleredo

IES Rego de Trabe

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Culleredo

IES Saturnino Montojo

Ferrol

IES Sofía Casanova

Ferrol

IES Terra de Trasancos

Narón

IES Breamo

Pontedeume

IES de Ortigueira

Ortigueira

IES Maximino Romero de Lema

Zas

Lugo

IES Poeta Díaz Castro

Guitiriz

Ourense

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

Ourense

Pontevedra

CIFP Montecelo

Pontevedra

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2025
1047289 {"title":"Román Rodríguez fixa a inclusión educativa como \"unha prioridade de país\" que se reforzará o vindeiro curso con medidas pioneiras e á carta","published_date":"2025-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187934-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1047289"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-11/1047289-roman-rodriguez-fixa-inclusion-educativa-como-unha-prioridade-pais-se-reforzara-vindeiro-curso-medidas-pioneiras-e-carta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.