A Xunta finaliza os traballos de mellora e seguridade da ponte colgante de Soutomaior tras un investimento de máis de 65.000 €
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este mércores as obras realizadas durante as últimas semanas por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Soutomaior (Pontevedra), 11 de xuño de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director territorial de Medio Ambiente, Nicolás Lorenzo, acompañados polo alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo, visitaron este mércores a Ponte Colgante do río Verdugo unha vez finalizadas as obras de mellora e seguridade por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio climático.
"Estamos moi satisfeitos co resultado, posto que se trata dun lugar moi turístico do municipio e cunha praia fluvial moi utilizada tanto por veciños como por visitantes", sinalou a representante autonómica durante o percorrido pola zona.
Durante os últimos meses a Consellería de Medio Ambiente levou a cabo obras de substitución do piso da ponte, instalando novas táboas de madeira e eliminando os espazos entre placas que dificultaban a mobilidade. Ademais, incrementouse a seguridade dos anclaxes e colocouse unha rede nas barandas da ponte.
A actuación tamén mellorou as escaleras de baixada á praia fluvial para comodidade dos usuarios e a súa seguridade. O proxecto de mellora tamén inclúe os traballos nas pontes de Calvelo (Cotobade), sobre o río Lérez, e Xirimbao (Teo), sobre o río Ulla.