A Xunta amplía os servizos de transporte público entre Ourense, Celanova e Bande e facilita os enlaces co resto da Baixa Limia e Terras de Celanova

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Manuel Pardo informou que a liña Bande - Ourense aumentará o número de servizos dispoñibles todos os días da semana
  • O resto da comarca da Baixa Limia e a de Terras de Celanova terán servizos que permitirán enlazar coa conexión Bande - Ourense
  • As persoas usuarias que viaxen desde Muíños, tamén poderán enlazar en Bande a primeira hora da mañá e regresar ao mediodía na liña Muíños-Bande
  • Na comarca de Terras de Celanova tamén se axustaron os horarios das liñas que enlazan co servizo Bande - Ourense

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 11 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Bande para anunciar, acompañado da alcaldesa, Sandra Quintas, que o Goberno galego ampliará a partir de mañá, 12 de xuño, o servizo de transporte interurbano na liña Bande - Ourense. Ademais, axustaranse horarios e conexións noutras liñas para facilitar os transbordos e prestarlle mellor servizo ao resto da comarca da Baixa Limia e á de Terras de Celanova.

O delegado territorial salientou que estas melloras atenden as solicitudes e propostas feitas desde distintos ámbitos da sociedade ourensá e son resultado dunha análise e estudo do aumento da demanda entre estas comarcas e a cidade de Ourense.

A liña Bande - Ourense contará con novas frecuencias e adaptaranse os horarios existentes á demanda actual. De luns a venres non festivos crearanse dous novos servizos de media mañá e, para dar resposta ao incremento da demanda os venres pola tarde, dispoñerase dunha nova expedición en cada sentido. Estas melloras supoñen un incremento do 100% con respecto dos servizos actuais dos venres e do 50% de luns a xoves.

De igual modo, -explicou Manuel Pardo- a oferta da fin de semana tamén se actualizará para atender as demandas da cidadanía. Os sábados haberá dous servizos de ida e dous de volta entre Ourense e Bande e os domingos reforzarase ese eixo con tres servizos de ida e tres servizos de volta ao longo do día, o que supón un incremento do 50% con respecto dos actuais servizos dos domingos.

Nos días festivos, estas comarcas disporán dunha oferta que ata agora non existía, con dous servizos en cada sentido, tanto pola mañá como pola tarde.

Para asegurar unha mellor cobertura territorial na comarca da Baixa Limia, a liña Entrimo - Bande permitirá enlazar con todos os servizos da conexión Bande - Ourense. Deste xeito, os concellos de Lobios, Lobeira e Entrimo non terán só un axuste horario, senón tamén unha mellora na oferta de servizos.

As persoas usuarias que viaxen desde Muíños, tamén poderán enlazar en Bande a primeira hora da mañá e regresar ao mediodía na liña Muíños-Bande.

Terras de Celanova

Na comarca de Terras de Celanova tamén se axustaron os horarios das liñas que enlazan co servizo Bande - Ourense. As persoas usuarias que viaxen nas liñas con saída en Parbón ou San Martiño poderán incorporarse á conexión Bande - Ourense na parada da Manchica polo menos unha vez ao día en cada sentido. Isto mellorará a oferta de servizos dos concellos da Merca e de Cartelle.

Pola súa banda, a liña Cortegada-Celanova permitirá a conexión de Ramirás, Gomesende e Cortegada en Celanova coa liña Bande - Ourense a primeira hora da mañá.

Servizos

Con esta mellora a Xunta de Galicia dá resposta á crecente demanda de transporte público na ruta entre Bande e Ourense, pero tamén garante que a cidadanía das comarcas da Baixa Limia e Terras de Celanova poida acceder a estes servizos grazas a uns horarios máis eficientes que faciliten os enlaces entre liñas diferentes.

Algúns destes servizos serán atendidos baixo demanda, polo que será necesario facer unha reserva previa a través da páxina web bus.gal ou no teléfono 988 687 800. Estas solicitudes téñense que facer como mínimo antes das 19,00 horas do día laborable anterior. Na mesma comunicación pódense reservar varias prazas ou mesmo múltiples viaxes para os 15 días seguintes.

Nestes servizos, a Xunta de Galicia aplica os descontos e bonificacións activos en todo o transporte público autonómico, polo que os menores de 21 anos poden realizar 60 viaxes ao mes de maneira gratuíta coa Tarxeta Xente Nova, e todas as persoas maiores de 65 anos con tarxeta TMG viaxan de balde grazas á Tarifa +65.

Toda a información dos servizos está dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal e na aplicación móbil Transporte Público de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2025
1046474 {"title":"A Xunta amplía os servizos de transporte público entre Ourense, Celanova e Bande e facilita os enlaces co resto da Baixa Limia e Terras de Celanova","published_date":"2025-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187021-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1046474"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-11/1046474-xunta-amplia-os-servizos-transporte-publico-ourense-celanova-e-bande-e-facilita-os-enlaces-co-resto-da-baixa-limia-e-terras-celanova https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.