A Xunta pon en valor a axilidade na tramitación das repotenciacións eólicas voluntarias ao autorizalas en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ángeles Vázquez salienta que os nove proxectos aprobados permitirán reducir preto dun 80 % a presenza de aeroxeradores, incrementar un 35 % a produción de enerxía e evitar a emisión de máis de 100.000 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera
- O Executivo galego censura que a maioría das paralizacións de eólicos decretadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se fundamentan en dúas ferramentas cartográficas do Goberno central orientadoras e que non impiden a instalación deste tipo de infraestruturas no territorio
- A conselleira salienta que a Administración autonómica elaborou unha base de datos coas zonas de aceleración de renovables existentes na comunidade, nas que poderían implantarse instalacións eólicas con maior rapidez
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo en valor hoxe no Parlamento que a Xunta completou este mes a autorización das nove repotenciacións voluntarias de parques eólicos solicitadas polo sector, un procedemento que ademais se tramitou cunha gran axilidade pois autorizáronse en menos dun ano desde a recepción dos proxectos definitivos, co que non se alongan máis de dous anos, como di o mandato comunitario.
Neste sentido, a responsable autonómica salientou que eses proxectos van permitir reducir preto dun 80 % a presenza de aeroxeradores neses nove parques -suprimindo 286- e incrementando un 35 % a produción de enerxía renovable coa mesma potencia. A maiores, esas repotenciacións terán un importante beneficio ambiental pois evitarán a emisión de máis de 100.000 toneladas de dióxido de carbono (CO2) á atmosfera, o que contribuirá á descarbonización da economía e a avanzar cara a neutralidade climática.
A conselleira lamentou, non obstante, a situación do sector e as dificultades para elevar a produción eólica na comunidade polas paralizacións de parques decretadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Neste sentido, defendeu a rigorosidade dos técnicos da Xunta en todas as avaliacións ambientais que realizan para a implantación de aeroxeradores no territorio e mostrou a súa confianza en que os tribunais acabarán dándolle a razón a Galicia.
Nesta liña, Ángeles Vázquez censurou tamén que moitas das suspensións do TSXG se fundamentan en dúas ferramentas cartográficas do Goberno central que delimitan áreas sensibles, pero que son orientadoras e non impiden a instalación de eólicos nelas. De feito, de manterse o criterio do Alto Tribunal galego, non poderían autorizarse parques en ningún punto de Galicia.
Por iso, a conselleira lembrou que a Xunta xa lle trasladou en varias ocasións ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a necesidade de clarificar e regular esta cuestión que está a frear de maneira inxustificada a implantación de eólicos na comunidade. No mesmo sentido, destacou que Galicia elaborou unha base de datos cartográfica en resposta á planificación das zonas de aceleración de renovables que exixe Bruxelas e na que se definen claramente aqueles espazos nos que poden implantarse eólicos na comunidade con maior rapidez.
Ángeles Vázquez lamentou que a situación de parálise do sector eólico galego impide avanzar tanto na redución das emisións de CO2 como na loita contra o cambio climático e a protección da biodiversidade apostando polas enerxías renovables.