A Xunta revisa a autorización ambiental do Centro de Tratamento de Residuos Industriais nas Somozas para reforzar a seguridade e o control das emisións

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Modifícanse as condicións establecidas para unha serie de parámetros nunha das plantas que hai nas instalacións e a empresa deberá achegar un informe trimestral con datos diarios, valores medios e posibles incidencias rexistradas
  • Tamén se introduce na AAI un novo apartado relativo á calidade do aire co fin de obter a información necesaria sobre a ocorrencia de fenómenos de inversión térmica

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

A Xunta acaba de revisar de oficio a autorización ambiental integrada (AAI) do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), no municipio das Somozas, para modificar as condicións de emisións dunha das súas plantas (a denominada EVOX) e engadir un novo apartado referido á calidade do aire co obxectivo de reforzar a seguridade do funcionamento da instalación.

Esta revisión prodúcese no marco das accións iniciadas pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (DXCAS) a raíz do incidente rexistrado no mes de marzo no CTRIG e que obrigou a suspender cautelarmente a actividade asociada á planta EVOX.

Despois das inspeccións realizadas ao centro e á vista do informe solicitado en materia de calidade do aire, que propón novos condicionantes e unha revisión dos límites e do plan de vixilancia establecido para este foco de emisión do CTRIG, a DXCAS acordou revisar a autorización orixinal, dando trámite de audiencia ao titular para que puidera presentar os documentos e alegacións que considerara oportunos antes de resolver.

En concreto, o órgano ambiental acorda, por un lado, modificar as condicións establecidas no caso da planta EVOX para determinados parámetros de emisión. Ademais, de forma trimestral, o titular achegará ao departamento correspondente un informe cos datos diarios de emisións, gráficos cos resultados dos valores medios, un resumo de posibles incidencias tanto nas emisións como nos sistemas automáticos de medición e informes sobre o cumprimento da calidade destes sistemas.

Así mesmo, a outra modificación introducida na AAI orixinal é un novo apartado sobre calidade do aire para obter información sobre a ocorrencia de fenómenos de inversión térmica. Neste sentido, requírese da empresa unha serie de medicións para as que será necesario instalar na contorna unha rede de sensores multiparamétricos (polo menos, catro) e a realización de campañas de medida indicativa de benceno e metais, entre outros, por parte dunha entidade acreditada.

Unha vez se dispoña de resultados desta rede de sensores e das campañas de medida, que deberán ser remitidos á DXCAS, valorarase e adoptarase unha decisión sobre a conveniencia de instalar unha ou máis estacións de control de calidade do aire, que se integraría na rede autonómica existente.

Cómpre lembrar que esta resolución da DXCAS, como órgano competente para a tramitación e seguimento das actuacións derivadas das AAI, prodúcese en aplicación do Real decreto lexislativo 1/2016, que prevé que, en calquera caso, as autorizacións serán revisadas de oficio cando a seguridade de funcionamento do proceso ou da actividade en cuestión faga necesario empregar outras técnicas.

Una vez resolta e valoradas as alegacións feitas durante o procedemento polo titular do CTRIG, procederase agora a notificar a resolución de revisión da AAI e á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2025
1046471 {"title":"A Xunta revisa a autorización ambiental do Centro de Tratamento de Residuos Industriais nas Somozas para reforzar a seguridade e o control das emisións","published_date":"2025-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187946-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1046471"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-11/1046471-xunta-revisa-autorizacion-ambiental-do-centro-tratamento-residuos-industriais-nas-somozas-reforzar-seguridade-e-control-das-emisions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.