A Xunta licita por 3,4 M€ a cociña do Hospital Novo Montecelo, que atenderá 900 pacientes diarios
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A cociña, que dará servizo á nova infraestrutura e ao actual hospital pontevedrés, instalarase a finais de ano
- As empresas interesadas en formar parte deste proceso teñen ata o próximo 26 de xuño para presentar as súas ofertas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, publica hoxe no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por importe de 3.455.878,83 euros, do subministro e instalación do equipamento integral da cociña do Hospital Novo Montecelo.
Este equipamento dará servizo á nova infraestrutura e ao actual hospital de Montecelo.
A cociña, que atenderá aproximadamente 900 pacientes cada día, contará con distintas zonas de elaboración de comidas, tratamento de tubérculos, condimentación, cociña de dietas, zona de empratado ou recepción de mercadorías, sempre baixo o principio de seguridade alimentaria.
A licitación tamén considera os carros e bases necesarios para a distribución das comidas e sistemas de retermalización e posta en temperatura axeitada.
O Goberno galego está a realizar un investimento de 170 millóns de euros na construción do Hospital Novo Montecelo, ao que destina ademais outros 30 millóns en equipamento.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 26 de xuño para presentar as súas ofertas.