Valentín García destaca a Ugía Pedreira por "manter vivas as raíces da nosa tradición popular"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral da Lingua presenta o concerto da cantante referente da música galega actual, que terá lugar en Ames o próximo sábado
- A proposta conta coa colaboración da Xunta de Galicia no marco da programación das Letras Galegas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ames, 11 de xuño de 2025
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou hoxe en Ames o concerto Basal, co que Ugía Pedreira achega o seu último traballo, e que se trata "dunha das propostas coas que colaboramos desde a Xunta de Galicia no marco da programación para celebrar durante todo o ano estas Letras Galegas vencelladas á nosa música tradicional", apuntou.
Tal e como lembrou, esta é a segunda parada a iniciativa que se estreou en Ferrol e que, despois deste concerto no concello de Ames, tamén chegará a Fisterra. Neste senso, destacou a figura dunha artista "que é todo un referente da música galega actual, forxada no canto tradicional e unha das persoas que manteñen vivas esas raíces da nosa cultura oral".
Así mesmo, Valentín García, fixo fincapé nun programa de actividades no que o Goberno galego vén apoiando, entre outras accións, varias actuacións musicais como as celebradas no mes de maio por Malvela ou o Serán. IV encontro galego de cultura popular. Baile e música tradicional, que terá lugar na Cidade da Cultura do 20 ao 22 de xuño.
A Pedreira
Neste traballo, A Pedreira presenta unha fusión de estilos diversos, combinando o rock, jazz ou o clásico, con temática filosófica, política, persoal e social, con sons que van desde os instrumentos orgánicos aos electrónicos. Estará acompañada por Lorena Cachito (batería, percusións, coros), Alejandro Vargas (teclado, sintetizadores) e Mauricio Caruso (guitarra eléctrica).
O concerto celebrarase o próximo sábado, 14 de xuño, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns e as entradas están dispoñibles de balde en Ataquilla.com