Belén do Campo preside unha nova reunión da Comisión Territorial de Coordinación para facer seguimento das actuacións da Xunta nos concellos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta analizou o estado das distintas convocatorias de axudas actualmente abertas e aquelas previstas para as vindeiras semanas

A Coruña, 10 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión Territorial de Coordinación, un órgano de traballo que reúne periodicamente aos directores territoriais das distintas consellerías co obxectivo de facer un seguimento conxunto das actuacións da Xunta na provincia.
Durante o encontro, a delegada abordou o estado de tramitación das principais actuacións que o Goberno autonómico está a desenvolver nos distintos concellos, así como as convocatorias de axudas actualmente abertas e aquelas previstas para as vindeiras semanas. Neste senso informouse do esforzo inversor que está realizando a Xunta no eido da vivenda en construcción, rehabilitación e axudas directas para a adquisición de inmobles, ademáis, incidiuse na gran utilidade das campañas de apoio ao comercio de proximidade como o Bono Comercio, esgotado nuns días, e na boa acollida dos cursos de Accións Formativas para o Emprego (AFD) e Obradoiros de Emprego, que se atopan nestes momentos en plena execución, e de cara ao inicio da época estival abordouse a oferta de campamentos e campos de traballo que se ofertan na provincia.
Así mesmo, nesta sesión de traballo fixáronse as prioridades para os vindeiros meses, coa intención de mellorar a coordinación interdepartamental e garantir unha resposta eficaz e adaptada ás necesidades dos concellos.