A delegada da Xunta en Ferrol participa na estación naval da Graña na homenaxe aos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 10 de xuño de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na escola naval da Graña na homenaxe aos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra. O encontro, promovido por algúns dos protagonistas daquel primeiro torneo e que contou coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), reuniu nas instalación militares a máis dunha trintena de antigos xogadores.
A delegada territorial felicitou aos homenaxeados e puxo en valor a súa aportación ao fútbol sala local, unha disciplina "cunha gran tradición en Ferrolterra", destacou. Así aproveitou para eloxiar o alto rendemento ao que competiron este ano O Parrulo Ferrol, hoxe na pugna polo ascenso a Primeira División Nacional, e o Valdetires Ferrol FS, na Segunda División feminina.
Esta homenaxe supón o arranque aos actos conmemorativos do 50 aniversario daquela primeira competición e que incluirán un partido internacional, conferencias e unha exposición fotográfica, culminando o próximo mes de outubro cunha gala retrospectiva.