M. Allegue pon en valor os 68M€, "o maior investimento da historia nun exercicio", para garantir o bo estado do firme das estradas autonómicas, o mesmo día no que a xunta licita o contrato cuatrianual de conservación e vialidade invernal por 184M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira subliña que estes investimentos en conservación responden á estratexia "estudada e planificada da Xunta e plasmada nos orzamentos" para actuar na rede viaria, "a fin de mantela nas debidas condicións para garantir a seguridade dos usuarios"
  • A Xunta publica tamén hoxe a licitación das obras de reforzo de firme na autovía do Barbanza, por case 12M€
  • As empresas poderán presentar ofertas para os contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal, así como para mellorar o firme da AG-11, ata o 15 de xullo
  • A consignación nos orzamentos do 2025 de 68M€ en materia de conservación e seguridade, permitiu xa á Administración autonómica a licitación de obras do plan de reforzos de firmes por 43,6M€, coas que se actuará en 58 estradas, ao seu paso por 75 concellos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Meaño (Pontevedra), 10 de xuño de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou hoxe o compromiso e o esforzo inversor da Xunta para garantir o bo estado do firme das estradas autonómicas, no mesmo día en que saen a licitación por preto de 184M€ os contratos para a conservación ordinaria e vialidade invernal para os vindeiros catro anos, ademais das obras de reforzo do firme na autovía do Barbanza, por case 12M€.

A conselleira deu conta destas licitacións na visita que realizou, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, aos traballos de reforzo do firme na PO-550 ao seu paso por Meaño, no marco dunha actuación en once concellos da provincia pontevedresa que chega aos 3,3M€.

Allegue subliñou que estes investimentos responden á estratexia "estudada e planificada da Xunta e plasmada nos orzamentos" para actuar na rede viaria autonómica, que conta con 5.500 km, "a fin de mantela nas debidas condicións de vialidade, limpeza, sinalización e comodidade e garantir a seguridade dos usuarios".

No marco dese plan, a Xunta licita hoxe, por 184M€, os contratos para as tarefas de conservación ordinaria e vialidade invernal nas estradas autonómicas das catro provincias nos vindeiros catro anos. En concreto, trátase de 8 contratos, que corresponden ás dúas zonas norte e sur no caso das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, outro para os traballos na provincia de Ourense, que suman 175,3M€, e un contrato adicional para conservación específica de estruturas e obras de paso (8,3M€).

Inclúense operacións de limpeza e roza, pequenas reparacións de firme, mantemento da sinalización horizontal, vertical e o balizamento, pequenas reparacións de obras de fábrica, entre outras. Tamén a vixilancia permanente da rede para atallar calquera incidencia, especialmente nas estradas situadas en zonas propensas a xeadas ou nevadas, co obxecto de mantelas en boas condicións nesa época, coa correspondente dotación de medios persoais (276 persoas) e materiais. (18 medios de transporte e 122 vehículos de maquinaria). As empresas poderán presentar ofertas ata o 15 de xullo.

Reforzos de firme

Neste 2025, os orzamentos da Xunta para conservación viaria acadan os 68M€, "un presuposto sen precedentes no Executivo galego", que supón case un 30% respecto ao ano anterior e que permitiu así mesmo avanzar na licitación de 43,6M en intervencións de reforzos de firmes, que permitirán mellorar o pavimento de 58 estradas autonómicas ao paso por 75 concellos.

Neste eido, inclúese a licitación tamén hoxe por case 12M€ (11,9M€) dos traballos de reforzo de firme na Autovía do Barbanza, AG-11, que discorre por Boiro, Padrón, Dodro, Ribeira, Rianxo e A Pobra do Caramiñal. Actuarase ao longo dos máis de 40km do viario e tamén nos seus enlaces. As empresas poderán presentar ofertas tamén ata o 15 de xullo e prevense iniciar as obras no outono

Actuacións na provincia de Pontevedra

Dos citados 43,6M€ licitados, un total de 3,3M€ destínanse ao proxecto que inclúe, entre outras, a mellora dun treito da PO-550 que hoxe visitou a conselleira en Meaño. Trátase dun proxecto que inclúe a mellora doutros viarios autonómicos ao paso por outros 10 concellos de Pontevedra, O Salnés e a comarca do Umia. (Poio, Cambados, A Illa, Vilanova, Sanxenxo, O Grove, Ribadumia, Cuntis, Moraña e Barro).

Na provincia pontevedresa a Xunta vai investir máis de 4M€ noutros dous proxectos de reforzos de firmes para actuar nos concellos de Bueu, Cangas e Ponte Caldelas (con obras que se iniciarán en xullo), e tamén en viarios ao seu paso por A Guarda, As Neves, Mondariz, Oia, O Rosal, Pazos de Borbén, Ponteareas e Salvaterra, despois do verán.

"Traballamos, polo tanto, para seguir vertebrando o noso territorio con estradas cómodas, sostibles e, polo tanto, seguras. A Xunta se compromete e este compromiso amósao ano tras ano, con feitos, para que galegos e visitantes poidan circular de forma segura na nosa comunidade".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/06/2025
1046025 {"title":"M. Allegue pon en valor os 68M€, \"o maior investimento da historia nun exercicio\", para garantir o bo estado do firme das estradas autonómicas, o mesmo día no que a xunta licita o contrato cuatrianual de conservación e vialidade invernal por 184M€","published_date":"2025-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187565-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1046025"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-10/1046025-m-allegue-pon-valor-os-68m-maior-investimento-da-historia-nun-exercicio-garantir-bo-estado-do-firme-das-estradas-autonomicas-mesmo-dia-xunta-licita-contrato-cuatrianual-conservacion-e-vialidade-invernal-184m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.