O conselleiro de Sanidade sinala o proxecto 'Clases sen fume' como piar da futura rede galega de escolas promotoras da saúde

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Xunta impulsará a creación da Rede galega de escolas promotoras da saúde para fomentar o benestar integral do alumnado
  • Galicia será pioneira ao equiparar os cigarros electrónicos ao tabaco a través da Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención de condutas aditivas
Imagen del artículo O conselleiro de Sanidade sinala o proxecto 'Clases sen fume' como piar da futura rede galega de escolas promotoras da saúde

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou esta mañá na entrega de premios do programa da Xunta Clases sen fume, no que preto de 2.600 escolares de 43 centros educativos galegos reflexionaron sobre os beneficios de dicirlle non ao tabaco.

No acto, o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; e pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

Nesta XXI edición do programa Clases sen fume, desenvolvida pola Consellería de Sanidade coa colaboración da Consellería de Educación e da Dirección Xeral de Xuventude, resultaron galardoados o alumnado de 1ºB do Colexio Privado Plurilingüe San Fermín (Caldas de Reis), na categoría de Clases sen fume; a clase 1ºB do IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), na categoría de slogan; 2ºC do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), co 1º premio de actividade creativa; e con accésits: 1º A do CEIP Fingoi (Lugo), 1º A do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), 2º D do IES O Couto (Ourense), 2ºB do IES Agra de Raíces (A Coruña) e 2ºA do CPR Plurilingüe Niño de Jesús de Praga (Vigo).

Durante a súa intervención, o conselleiro de Sanidade puxo en valor o recente acordo de creación da Rede galega de escolas promotoras da saúde, unha iniciativa que dará continuidade á colaboración entre a Consellería de Sanidade e a de Educación, Ciencia, Universidades e FP, tendo por obxectivo fomentar o benestar físico, emocional, social e ambiental do alumnado.

Nesta liña, Gómez Caamaño lembrou que Galicia aprobará moi pronto a nova Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención de condutas aditivas, unha norma, explicou, "que será pioneira en España ao equiparar os cigarros electrónicos ao tabaco convencional".

O titular de Sanidade tamén destacou a boa acollida do programa nas aulas, tanto por parte dos profesores como do alumnado. Pechou a súa intervención convidando aos asistentes a visitar algunha das máis de 240 praias sen fume que hai en Galicia.

Clases sen fume

O programa Clases sen fume botou a andar no 2002 co obxectivo de evitar o inicio do consumo de tabaco entre a mocidade galega, especialmente no alumnado de 1º e 2º da ESO.

Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Sanidade e integrada no Plan Proxecta, baséase no compromiso individual e colectivo de non fumar durante polo menos seis meses, reforzando así a decisión voluntaria de manter hábitos de vida saudables e ademais promover unha presión de grupo positiva a través do traballo en equipo na aula.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/06/2025
1046022 {"title":"O conselleiro de Sanidade sinala o proxecto 'Clases sen fume' como piar da futura rede galega de escolas promotoras da saúde","published_date":"2025-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1046022"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-10/1046022-conselleiro-sanidade-sinala-proxecto-clases-sen-fume-como-piar-da-futura-rede-galega-escolas-promotoras-da-saude https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.