Medio Rural inviste 1,32 M€ para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Estas achegas, xestionadas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, contan con 794 expedientes aprobados e vai permitir actuar sobre unha superficie de 810 hectáreas dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
- Estas axudas integráronse nun paquete de medidas para apoiar aos viticultores desta zona, debido ás dificultades causadas polos excedentes de viño tinto
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas destinadas á conservación da contorna paisaxística e á loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra. Cun investimento de 1,32 millóns de euros procedentes de fondos propios, estas achegas contan con 794 expedientes aprobados e permitirán actuar sobre 810 hectáreas dentro da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra. Estas axudas forman parte dun conxunto de medidas de apoio aos viticultores da zona, afectados polos excedentes de viño tinto.
As achegas están dirixidas ás persoas inscritas no Consello Regulador da DO Ribeira Sacra e contemplan unha contía máxima de 2.000 euros por hectárea para os sistemas de cultivo tipo 1 —viñedo en socalco de pedra e traballo non mecanizado— e de 1.000 euros para o tipo 2 —cultivo sen socalcos ou con traballo mecanizado—.
En total, subvenciónanse 7.066 parcelas situadas en 16 dos 20 concellos da zona produtiva, destacando os municipios lucenses de Sober, Quiroga e Pantón, que concentran a metade da superficie apoiada, con 404 hectáreas e 3.537 parcelas.
Ademais desta medida, a Consellería do Medio Rural contempla outras accións para apoiar á Ribeira Sacra, como son a destilación de crise, a formación sobre o ecorrexime da PAC e tamén campañas de promoción e apoio á recollida da uva.
O cultivo característico da Ribeira Sacra é en socalcos, que ademais de ser eficiente, contribúe a preservar a identidade agraria, previr a erosión e manter a singularidade paisaxística. O sector vitivinícola, clave na economía local, tamén impulsa o turismo, especialmente no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250610/AnuncioO90-230525-0002_gl.html