Rueda enxalza a folla de ruta da Xunta cara unha Galicia máis industrial, sustentable e con acceso á vivenda

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Salienta a aposta do Goberno autonómico porque Galicia "siga medrando" e "non perda oportunidades"
  • Reclama melloras na rede de distribución eléctrica para que a comunidade se consolide como referente na xeración de enerxía renovable e capte proxectos das industrias verdes
  • Lembra o compromiso da Xunta por "dobrar o parque público residencial" e chegar a 8.000 vivendas protexidas nesta lexislatura

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 10 de xuño de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá a folla de ruta da Xunta para que "Galicia siga medrando" e "non perda oportunidades", baseada nunha aposta por impulsar proxectos empresariais estratéxicos, consolidar as enerxías renovables e facilitar o acceso á vivenda.

Durante a súa intervención no IV Foro Económico Español "La Galicia que viene", organizado por El Español e Quincemil, deu as claves do Goberno autonómico para avanzar cara unha Galicia moderna, competitiva e sostible, na que resaltou a importancia de "colaborar e chegar a acordos" entre administracións para dar resposta ás necesidades da cidadanía.

No ámbito empresarial, Rueda salientou que Galicia é referente en diferentes sectores con empresas que "identifican moi ben o que significa Galicia Calidade" e que fan que "este eslogan sexa unha realidade permanente". Ademais, a nivel industrial, a comunidade está a recuperar músculo e avanzando con paso firme. Proba diso é o crecemento da produción industrial nun 4,1% no último ano, fronte ao 1,5% da media estatal. Uns datos que responden a unha estratexia sólida de reindustrialización baseada en incentivos fiscais, desbloqueo e modernización do solo industrial e a creación dun ecosistema que integra formación, innovación, loxística e colaboración público-privada.

Nesta liña, Rueda lembrou que Galicia "non pode renunciar a seguir medrando" e salientou a aposta da Xunta por converter a comunidade nun lugar atractivo para investir e "aproveitar as oportunidades" que ofrecen sectores coma as industrias verdes e a xeración de enerxías renovables.

Neste eido, alertou da necesidade de reforzar as infraestruturas tralo apagamento rexistrado hai unhas semanas. O presidente pediu ao Goberno central máis investimentos nas redes eléctricas xa que "hai un problema serio no acceso e distribución" de enerxía que Galicia comparte con outras comunidades.

Aposta pola vivenda pública

En canto á vivenda, identificouna como unha prioridade estrutural do Goberno galego en 2025. Rueda lembrou o compromiso da Xunta de "dobrar o parque público residencial" e pasar nesta lexislatura de "4.000 a 8.000 vivendas de promoción pública". Máis de 2.200 están xa en distintas fases de execución e isto se suma a outras medidas da Xunta coma o alugueiro social, a rehabilitación de vivendas baleiras ou a posta en marcha da Sociedade Pública de Vivenda de Galicia (Vipugal).

Por último, o xefe do Executivo autonómico fixo referencia tamén á recente Conferencia de Presidentes, na que lamentou a falta de diálogo real e de preparación para acadar consensos efectivos. Criticou que non se permitisen votacións nin achegas por parte das comunidades, e advertiu que, "o tempo pasa e as necesidades dos cidadáns seguen aí".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/06/2025
1044956 {"title":"Rueda enxalza a folla de ruta da Xunta cara unha Galicia máis industrial, sustentable e con acceso á vivenda","published_date":"2025-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1737371\/100625++Inauguraci%C3%B3n+xornada+Provivienda+3.JPG","id":"1044956"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-10/1044956-rueda-enxalza-folla-ruta-da-xunta-cara-unha-galicia-mais-industrial-sustentable-e-acceso-vivenda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.