Galicia colabora no reforzo das capacidades profesionais e sostibilidade do sector marítimo pesqueiro en Mozambique
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, centro de referencia nacional de pesca e navegación, realizará actividades de desenvolvemento curricular, material didáctico e formación
- A conselleira do Mar puxo en valor a contribución da comunidade, referente no ámbito da formación pesqueira, no desenvolvemento desta iniciativa cuxa primeira fase foi iniciada a finais do 2019
- Entre os fitos alcanzados están o establecemento das condicións técnicas e tecnolóxicas para os procesos pedagóxicos de ensino na Escola de Pesca de Matola e achegar a oferta formativa aos estándares de calidade da ANEP e internacionais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025
A Xunta participa nunha alianza público privada para o desenvolvemento dun programa de reforzo das capacidades profesionais do sector marítimo-pesqueiro en Mozambique. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou o memorando no que colaboran a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (Aecid), o Ministerio de Mar, Augas Interiores e Pesca do país africano, o Grupo Nueva Pescanova coa súa filial no país Pescamar e a Asociación Mozambiqueña de Armadores de Pesca Industrial de Camarón (AMAPIC).
Este acordo permitirá impulsar a segunda fase do proxecto no que o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (ipmpa), centro de referencia nacional de pesca e navegación, realizará actividades de desenvolvemento curricular, material didáctico e formación. O obxectivo é formar persoal docente así como implementar cursos regrados e dunha duración curta. Tamén dotarase de equipamento e material necesario para levar a cabo esa formación ademais dunha espazo de colaboración permanente entre o sector pesqueiro e as entidades formativas para adecuar o contido docente ás súas necesidades.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, puxo en valor a contribución da comunidade, referente no ámbito da formación pesqueira, aportando a súa experiencia e excelencia no desenvolvemento desta iniciativa cuxa primeira fase foi iniciada a finais do 2019. Por outra banda, subliñou que esta liña de traballo afonda na promoción dun sector pesqueiro máis competitivo e sostible nun país cunha importancia estratéxica para a cadea mar-industria galega vencelladas a especies de especial valor comercial como o lagostino. Un labor que favorece a creación de emprego e o desenvolvemento local mediante a transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
A responsable autonómica recordou que na primeira fase, interrompida pola pandemia da Covid-19, foi posible acadar fitos como o establecemento das condicións técnicas e tecnolóxicas para os procesos pedagóxicos de ensino na Escola de Matola e achegar a oferta formativa aos estándares de calidade ANEP e internacionais como a Certificación Internacional da Organización Marítima Internacional (convenio STCW). Un traballo que situou como modelo de cooperación no ámbito pesqueiro que reforza as relacións entre ambos países.