Medio Rural fomenta a promoción das IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia nunha xornada de coctelería

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe nunha xornada para a promoción destas bebidas espirituosas organizada pola Axencia e o consello regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia
  • No evento presentáronse as tres bebidas gañadoras do XXII Campionato Galego de Coctelería, que empregan estes produtos con selo de calidade na súa elaboración
Imagen del artículo Medio Rural fomenta a promoción das IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia nunha xornada de coctelería
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou esta mañá na apertura dunha xornada para a promoción das indicacións xeográficas protexidas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, organizado pola Consellería do Medio Rural en colaboración co consello regulador destas IXP.

Durante a súa intervención, Alemparte salientou a importancia deste evento, que ten como obxectivo dar a coñecer as catro indicacións xeográficas protexidas de bebidas espirituosas que existen na nosa comunidade -Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia.

O director explicou que este tipo de xornadas amosan a posibilidade de innovar dende a tradición a través da utilización dos produtos galegos con calidade diferenciada. Neste caso, a elaboración de cócteles favorecen que as bebidas espirituosas cheguen a novos consumidores sen renunciar á tradición.

Na xornada tívose a oportunidade de degustar as tres bebidas gañadoras do XXII Campionato Galego de Coctelería, preparadas en directo polos seus creadores Javier García, María Vila e Sonia García. Estas bebidas empregan na súa elaboración as Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia amparados pola IXP. Estas creacións representaron a Galicia na final do concurso nacional de coctelería. Ofrecerase tamén unha completa proposta maridaxe con cada unha destas bebidas.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organizou tamén un túnel de cata no que os asistentes degustaron as catro bebidas espirituosas galegas. Todo isto estará acompañado por unha degustación de produtos de Experiencias de Calidade. O director da Axencia destacou que se trata dunha xornada moi proveitosa para dar mostra da amplitude da calidade diferenciada galega, integrada por produtos agroalimentarios, viños, bebidas espirituosas e elaboracións artesanais, entre outras.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/06/2025
1044832 {"title":"Medio Rural fomenta a promoción das IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia nunha xornada de coctelería","published_date":"2025-06-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187385-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1044832"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-09/1044832-medio-rural-fomenta-promocion-das-ixp-augardentes-e-licores-tradicionais-galicia-nunha-xornada-cocteleria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.