Medio Rural ofertará no vindeiro curso 406 prazas de novo ingreso nos seus centros formativos, un 11 % máis

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A titular da Consellería destacou que o alumnado destes centros ten un índice de inserción laboral próximo ao 100 %, polo que "estamos ante estudos con moi boa saída" cara o mercado de traballo, remarcou
  • Ofrécense un total de oito ciclos de grao medio nas diferentes modalidades e seis de grao superior, que abranguen toda a rama agraria, desde o ámbito da xardinaría e a floraría ata a produción agroecolóxica, a gandaría ou a xestión forestal
  • Como novidades, salientou a posta en marcha do curso de especialización en Floraría e Arte Floral en Guísamo, a duplicación das prazas na FP Dual de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal en Sergude ou a reapertura da residencia no Pedro Murias

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 9 xuño de 2025

A Consellería do Medio Rural ofertará un total de 406 prazas de novo ingreso nos seus seis centros de formación no vindeiro curso 2025/26, o que supón un 11 % máis con respecto ao curso actual. Así o salientou hoxe a titular do departamento, María José Gómez, quen deu conta das novidades da oferta formativa nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, da que dependen estes centros. Trátase dos de Guísamo (Bergondo), Sergude (Boqueixón), Becerreá, Pedro Murias (Ribadeo), Monforte de Lemos e Lourizán (Pontevedra).

A conselleira destacou tamén que o alumnado destes centros ten un índice de inserción laboral próximo ao 100 %, polo que -sinalou- "estamos ante estudos con moi boa saída" no mercado de traballo. Nesta liña, Gómez reafirmou a aposta da Xunta por esta formación vinculada ao agro e ao forestal, que definiu como "moi práctica e achegada ao territorio", o que favorece esa rápida inserción.

Segundo explicou a titular de Medio Rural, nos centros da Consellería ofértanse un total de oito ciclos de grao medio nas diferentes modalidades e seis de grao superior, que abranguen toda a rama agraria, desde o ámbito da xardinaría e a floraría ata a produción agroecolóxica, a gandaría ou a xestión forestal. A maiores desta ampla oferta regrada, tamén se ofrece outro tipo de formación, concretamente en Monforte de Lemos. Deste xeito, Gómez fixo fincapé no curso de Aptitude empresarial agraria, que permite a incorporación de traballadores ao mundo agrario tanto desde o punto de vista técnico como económico.

Novidades na oferta formativa

Como novidades na oferta formativa, a conselleira subliñou tres en concreto. En primeiro lugar, a posta en marcha do curso de especialización en Floraría e Arte Floral no centro de Guísamo. É a primeira vez que se imparte esta formación nos centros adscritos a Medio Rural e para acceder a ela cómpre dispor do ciclo de grao medio en Xardinería e Floraría.

A segunda novidade consiste en duplicar as prazas na FP Dual de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal que se oferta en Sergude. Así, contarase con 44 prazas nesta modalidade intensiva, o dobre que na convocatoria anterior, para dar así resposta ao gran interese que está suscitando esta ensinanza. Estas 44 prazas, sumadas ás 22 máis que se ofrecen neste ciclo na modalidade xeral, permiten acadar as 66 novas prazas en primeiro curso deste ciclo.

A terceira novidade destacada pola conselleira ten que ver cos servizos complementarios que se ofrecen nos centros, fundamentalmente de comedor e de residencia. Así, no vindeiro curso abrirase a residencia do Pedro Murias en Ribadeo cun total de 21 prazas, o que será un bo atractivo para o alumnado. En total, en toda Galicia ofértanse 241 prazas entre ambos servizos, 41 máis con respecto do curso actual.

Experiencia, tecnoloxía e natureza

Nesta liña, a conselleira vinculou os seis centros de formación e experimentación agraria (CFEA) coa "experiencia, a tecnoloxía e a natureza, como un bo reflexo do que é o noso rural". Deste xeito, son centros de experiencia, porque hai un contacto directo co mundo laboral. Algo que -salientou Gómez- é posible grazas á colaboración das empresas do sector, coa implicación de preto de 70 delas no réxime intensivo, ás que agradeceu a súa cooperación.

Sobre os vencellos dos centros coa tecnoloxía e a natureza, a conselleira puxo de relevo que xuntos suman unha superficie de preto de 300 hectáreas, nas que conviven edificios, granxas, invernadoiros, hortas, plantacións de piñeiros, soutos ou apiarios, entre outras instalacións e servizos. E contan, asemade, con maquinaria punteira.

A maiores, a titular de Medio Rural puxo en valor a importancia da formación para apoiar a remuda xeracional no agro e, neste sentido, lembrou que os CFEA tamén achegan cursos de formación habilitante para os profesionais que xa están no sector. Cursos tan demandados como os de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios ou os de benestar animal ou manexo de maquinaria forestal. Como resumo e conclusión, a conselleira insistiu en que "o noso rural ten moito futuro, e boa parte dese futuro está nestes centros de formación e experimentación agraria".

Oferta por centros no primeiro curso

O CFEA de Sergude ofrece un total de 110 prazas en primeiro curso dos ciclos de produción agropecuaria, aproveitamento e conservación do medio natural e gandaría e asistencia en sanidade animal. O de Guísamo conta con ata 164 prazas nos ciclos de xardinaría e floraría, paisaxismo e medio rural e floraría e arte floral. O CFEA Pedro Murias de Ribadeo oferta 44 prazas nos ciclos de aproveitamento e conservación do medio natural e produción agroecolóxica.

Este mesmo número de prazas ofértase tamén no centro de Becerreá, nos ciclos de aproveitamento e conservación do medio natural e de xestión forestal e do medio natural. No centro de Lourizán, en Pontevedra, a oferta é tamén de 44 prazas en aproveitamento e conservación do medio natural e de xestión forestal e do medio natural. Pola súa banda, o CFEA de Monforte de Lemos ofrece cada ano formación a arredor de 200 persoas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/06/2025
1044830 {"title":"Medio Rural ofertará no vindeiro curso 406 prazas de novo ingreso nos seus centros formativos, un 11 % máis","published_date":"2025-06-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1737368\/250609_formacionAgraria_x-3.jpg","id":"1044830"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-09/1044830-medio-rural-ofertara-vindeiro-curso-406-prazas-novo-ingreso-nos-seus-centros-formativos-11-mais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.