Belén do Campo pon en valor a aposta de Inleit pola innovación e modernización situándose á vangarda na transformación do sector lácteo galego

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada da Xunta lembrou que esta empresa foi beneficiaria, no 2024, das axudas á transformación e comercialización de produtos agrarios para levar a cabo a ampliación da súa planta de elaboración de nata
  • Na convocatoria do 2024 aprobáronse 62 proxectos, con axudas concedidas por máis de 23 millóns de euros en Galicia, das cales 14 achegas foron para empresas da provincia da Coruña por un importe de case 2,8 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Curtis (A Coruña), 9 de xuño de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo presidente de Inleit, Alfonso Escobar, e polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, visitou hoxe as instalacións desta empresa dedicada a transformación de leite de vaca para elaborar produtos concentrados a partires das proteínas obtidas por técnicas de filtración. O seu modelo produtivo basease en obter produtos de alto valor engadido cunha gama ampla de aplicacións en diversos mercados, dende a nutrición infantil e suplementos terapeúticos ata a industria láctea ou a nutrición deportiva. Ademais, a fabricación deste tipo de ingredientes funcionais, sitúa a Galicia na vangarda da innovación alimentaria a nivel europeo. Neste senso, Belén do Campo apuntou que Inleit contribúe a impulsar a transformación do leite galego na propia comunidade. "Temos unha materia prima de primeira calidade e o interese do Goberno galego é que estas materias primas poidan transformarse aquí, con todo o valor engadido que isto supón", subliñou delegada.

Inleit conta cunhas instalacións de vangarda de máis de 30.000 metros cadrados, no polígono industrial de Teixeiro en Curtis, onde procesan 250 millóns de litros de leite de vaca procedente de explotacións gandeiras, preferentemente da provincia da Coruña e Lugo, mediante avanzados procesos de filtración, e transformación deste leite en proteínas nativas de alto valor con excepcionais propiedades nutricionais.

Na visita, a representante do Goberno autonómico, salientou a aposta pola innovación e transformación constante desta empresa e lembrou que, o ano pasado, recibiron un apoio da Xunta para a ampliación da súa planta de elaboración de nata, instalando dous novos depósitos de 100.000 litros e unha liña de envasado en bag-in-box. O proxecto nesta planta de nata tamén inclúe a instalación dun sistema de captación de pó na sala de incorporación de mistura e na planta de elaboración de produtos en pó e misturas líquidas, instalando ademais seis transportadores de sacos e mellorando tamén as instalacións de protección contra incendios. Unha intervención que se atopa en execución.

Belén do Campo subliñou que esta empresa contou tamén con apoios do Goberno galego para levar a cabo varios procesos de innovación nos seus produtos lácteos, un para un proxecto de valoración de permeados de lactosa e sales minerais obtidos no proceso de concentración de proteínas de leite, outro para un proceso de valoración da nata e obtención de leite en pó sen lactosa e outros para a ampliación da súa depuradora, incorporando tanques que incrementaron a súa capacidade de almacenamento.

Axudas 2024

A representante do Goberno autonómico lembrou que na convocatoria desta orde do ano 2024, en concorrencia competitiva, aprobáronse en total 62 proxectos, con axudas concedidas por máis de 23 millóns de euros en Galicia, das cales 14 achegas foron para empresas da provincia da Coruña por un importe de case 2,8 millóns de euros a executar entre 2024-2025 e 2026.

Estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), teñen como principal obxectivo promover o desenvolvemento de proxectos industriais do sector agroalimentario, en liña coa finalidade de mellorar a orientación ao mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e longo prazo, en particular cun maior fincapé na investigación, a tecnoloxía e a dixitalización.

Dende 2016, Medio Rural convocou en sete ocasións estas achegas, cun orzamento total adxudicado de 195,04 millóns de euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/06/2025
1044828 {"title":"Belén do Campo pon en valor a aposta de Inleit pola innovación e modernización situándose á vangarda na transformación do sector lácteo galego","published_date":"2025-06-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1737368\/20250609_belen_inleit_+%281%29.jpg","id":"1044828"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-09/1044828-belen-do-campo-pon-valor-aposta-inleit-pola-innovacion-e-modernizacion-situandose-vangarda-na-transformacion-do-sector-lacteo-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.