A Xunta presenta ás asociacións de nais e pais as instrucións de organización do vindeiro curso, que fan fincapé na convivencia escolar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Refórzase a autoridade do profesorado e incídese na neutralidade ideolóxica, contemplada nas leis estatais vixente, como garantes do bo clima nas aulas
- Promóvese o pluralismo social e o pensamento crítico na formación do alumnado e nas actividades complementarias
- Tamén se inclúe un tempo diario de lectura no horario de Primaria
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuniuse esta tarde con representantes das asociacións de nais e pais para presentarlles as instrucións de organización do vindeiro curso. O obxectivo da reunión foi informalos das novidades incluídas no documento, que se centran no reforzo da autoridade do profesorado, na introdución dun tempo específico de lectura en Primaria e na promoción da neutralidade ideolóxica, o pluralismo social e o pensamento crítico nas actividades complementarias que desenvolvan os centros.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou ás asociacións de nais e pais que o obxectivo destas instrucións é facer fincapé na convivencia escolar e no bo clima das aulas. Neste sentido, lembrou o papel principal dos docentes nesta tarefa, polo que as instrucións destacan a súa condición de autoridade pública establecido na lei de convivencia autonómica de 2011 e no decreto de 2015 que desenvolve esta norma.
Neste marco, faise fincapé na tolerancia cero fronte a calquera tipo de conflito nas aulas, tanto no que poida supoñer violencia cara ao alumnado como cara ao profesorado. No caso do acoso escolar promoverase que todos os casos sexan identificados, se traten de inmediato e se lles dea solución de forma eficaz. Ademais, incídese na necesidade de que o centro poña calquera tipo de agresión a un docente en coñecemento da Inspección Educativa canto antes, co fin de que a administración poida prestar asesoramento e apoio na solución do conflito.
As instrucións para o vindeiro curso inciden nos valores democráticos, a tolerancia e o diálogo como base da convivencia. Así mesmo, e no marco da lexislación estatal reguladora do dereito á educación, promoven os principios constitucionais, a neutralidade ideolóxica e o respecto ás liberdades individuais nos centros escolares e nas actividades complementarias que desenvolvan. Deste xeito, garántese o pluralismo social e foméntase o pensamento crítico preciso para formar o alumnado nunha contorna segura e respectuosa para todos, conforme aos valores comúns democráticos, onde a boa convivencia sexa o sinal de identidade.
No que atinxe á introdución, tal e como estaba comprometido, dun tempo diario para o fomento da lectura en Educación Primaria, de entre 20 e 30 minutos, a directora xeral lembrou que esta medida é un dos eixos de actuación do programa de reforzo da lectura incluído no Plan MEGA de mellora educativa de Galicia impulsado pola Xunta e que ten como finalidade reforzar a comprensión lectora dos estudantes e fomentar o pensamento crítico e a reflexión entre eles.
Os centros deberán, ademais, elaborar un Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información e aplicar un tempo dedicado á lectura en todas as etapas cun tratamento transversal, interdisciplinario e de implicación de todo o profesorado e materias.