O Centro Dramático Galego incorpórase á unión de teatros de Europa

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A compañía institucional da Xunta de Galicia pasa a formar parte desta prestixiosa rede internacional en recoñecemento á súa calidade, traxectoria e compromiso coas artes escénicas
  • A súa adhesión a unha das organizacións teatrais máis influentes de Europa supón un fito para a proxección exterior do teatro galego, ao que lle abre novas oportunidades de creación, difusión e colaboración internacional

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2025

O Centro Dramático Galego acaba de incorporarse á Unión de Teatros de Europa, unha das principais e máis influentes asociacións europeas do sector. A súa adhesión foi aprobada pola asemblea xeral desta rede en recoñecemento á calidade, traxectoria e compromiso coas artes escénicas da compañía institucional da Xunta, que lle dá así un novo impulso á súa estratexia de internacionalización da dramaturxia e da profesión teatral de Galicia.

A compañía pública galega pasa a formar parte desta prestixiosa organización cultural, fundada en 1990 e impulsada por Giorgio Strehler co obxectivo de fomentar o intercambio profesional e artístico, ao tempo que promover unha Europa culturalmente aberta. Na actualidade, está integrada por 25 membros de 16 países, entre os que se atopan unha ducia de teatros públicos de primeiro nivel, como os italianos Piccolo Teatro di Milano-Teatro d'Europa e Teatro di Roma-Teatro Nazionale, Teatro Nacional São João do Porto en Portugal, Teatros da Cidade de Praga na República Checa, Teatro Nacional de Luxemburgo, Teatro Nacional do Norte de Grecia en Tesalónica ou o Teatre Nacional de Catalunya.

Presidida polo director Gábor Tompa, a Unión de Teatros de Europa articula a súa actividade arredor de tres eixos principais: desenvolver colaboracións internacionais; preservar, transmitir e renovar o patrimonio teatral europeo, e impulsar proxectos innovadores que primen a diversidade cultural, o diálogo e a reflexión crítica con especial atención á inclusión, á igualdade e á sustentabilidade.

Neste sentido, os seus obxectivos entroncan co traballo que o Centro Dramático Galego vén desenvolvendo nos últimos anos a prol dunha maior proxección exterior do noso teatro, así como co seu compromiso cunhas artes escénicas máis accesibles, inclusivas e sustentables.

Galicia, no mapa teatral europeo

A súa incorporación á Unión de Teatros Europeos ábrelle agora novas oportunidades de creación, difusión e colaboración internacional, que sitúan Galicia no mapa teatral europeo. A participación nas iniciativas desta asociación posibilitará, por exemplo, o intercambio con compañías de prestixio, o acceso a coproducións internacionais ou a inclusión en redes escénicas de formación e innovación.

Servirá tamén de plataforma para unha maior visibilidade da dramaturxia e a creación escénica de Galicia, consolidando a vitalidade e a diversidade da cultura galega cunha voz propia no contexto europeo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/06/2025
1043841 {"title":"O Centro Dramático Galego incorpórase á unión de teatros de Europa","published_date":"2025-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187128-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1043841"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-08/1043841-centro-dramatico-galego-incorporase-union-teatros-europa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.