López Campos enxalza as iniciativas que achegan a figura de Castelao á mocidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Na actuación, que pon música á tradición literaria galega, participan ao redor de 500 nenos e nenas dos conservatorios profesionais e escolas municipais da Comunidade
  • Destaca "o grande interese da proposta que leva tempo poñendo en valor aos persoeiros da nosa cultura entre os máis novos, especialmente neste ano dedicado a Castelao"
  • Incide en que "supón unha vía de divulgación que permite compartir a paixón pola música e afondar á vez na creación literaria"

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Rianxo (A Coruña), 6 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, asistiu hoxe en Rianxo ao concerto No bico un cantar, unha proposta, apoiada pola Xunta de Galicia, que puxo música á literatura galega nas voces dun coro de 500 nenos e nenas que estudan nos centros de ensino musical da Comunidade. Neste senso, gabou esta iniciativa "polo seu grande interese, xa que leva tempo poñendo en valor aos persoeiros da nosa cultura entre a mocidade e que, como non podía ser doutro xeito, este ano é especial ao sumarse á celebración do Ano Castelao".

Así, o representante do Goberno autonómico destacou sobre a proposta, impulsada desde o Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Consellería de Educación , Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que se trata "dun xeito moi particular e distendido de divulgación da nosa cultura, de maneira que a cativada pode compartir a súa paixón pola música á vez que afonda na creación literaria".

Ademais, López Campos fixo fincapé na participación, xunto cos conservatorios profesionais de música, as escolas municipais e coros infantís, do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol de Bos Aires, "unindo desta maneira tan especial os dous mundos de Castelao, a súa vila natal e o lugar onde pasou os seus últimos anos".

Cantando a literatura galega desde 2013

O pavillón municipal da localidade coruñesa foi o escenario desta proposta que desde o 2013 celebrou oito edicións en diferentes concellos de Galicia, divulgando a tradición literaria galega entre o alumnado máis novo que cursa estudos musicais en todo o territorio. Así, Rianxo foi desta vez o punto de encontro para un concerto que neste 2025, co noveno encontro, se sumou á celebración do Ano Castelao homanexeándoo, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave e co acompañamento do quinteto de metais Hércules Brass, cun repertorio que incluíu A Rianxeira, o lamento por Lela de Os vellos non deben de namorarse ou o Maio longo de Rosalía de Castro.

Nas súas oito primeiras edicións o proxecto estivo dedicado a Rosalía de Castro (2013, Santiago de Compostela), Curros Enríquez (2014, Celanova), Ramón Cabanillas (2015, Cambados), os trobadores medievais (2016, Cangas), os poetas mindonienses (2017, Mondoñedo), os alalás (2018, Betanzos), a tradición musical da raia (2019) e Xeración Nós en (2024, Ribadavia).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/06/2025
1042625 {"title":"López Campos enxalza as iniciativas que achegan a figura de Castelao á mocidade","published_date":"2025-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/187014-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1042625"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-06/1042625-lopez-campos-enxalza-as-iniciativas-achegan-figura-castelao-mocidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.