Portos de Galicia lembra que catro campañas de análise dos áridos do Lérez ao longo de 15 anos avalan a calidade do material para o seu depósito no mar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- José Antonio Álvarez reiterou que a Xunta segue á espera de que o MITECO autorice un punto de vertido para o material que se drague e lembrou que hai dous meses que o Estado conta co informe do CEDEX que sinala como zona prioritaria a que clausurou no 21
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta mañá a unha pregunta parlamentaria na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos en relación a actuación prevista para a dragaxe do río Lérez na canle de acceso ao porto de Pontevedra. Durante a súa intervención o presidente de Portos incidiu en que a Xunta de Galicia permanece á espera de que o Miteco autorice un punto de vertido para o material que se drague.
Neste sentido, lembrou que hai dous meses que o ente público remitiu ao Ministerio de Transición Ecolóxica o informe do CEDEX, pese a ser este un organismo dependente do propio Ministerio, co obxectivo de axilizar a autorización do punto de vertido, un requisito imprescindible para que Portos de Galicia poida iniciar a tramitación ambiental das obras e que condiciona as características e custe da mesma.
En relación ao informe, o presidente de Portos de Galicia destacou que é resultado do traballo conxunto do propio CEDEX, organismo técnico de recoñecido prestixio, as Autoridades Portuarias do Estado en Galicia e Portos de Galicia e que os tres puntos que recolle como posibles zonas de depósito foron seleccionados polo CEDEX en 2022.
Finalmente, respecto do depósito dos áridos en alta mar o presidente de Portos destacou que Portos de Galicia realizou catro campañas de caracterización dos áridos, validadas polo CEDEX no seu informe, para coñecer a súa composición nos anos 2009, 2016, 2020 e 2024 e que todos os áridos detectados son de categoría A e B, "é dicir, non contaminados", sinalou e clarexou que "isto non quere dicir que non existan concentracións dalgúns metais pesados, pero son moi baixas".
Ámbito da actuación
En relación co ámbito no que se proxecta a actuación o presidente de Portos destacou que se trata da dragaxe de maior envergadura de todas as tramitadas polo ente público que abrangue un tramo de 3,2 quilómetros entre a bocana da canle de acceso á cidade dende a ría ata o Club Naval, chegando ao límite da zona portuaria.
Neste sentido indicou que se trata da delimitación que foi obxecto de estudios ambientais durante anos e na que se ten garantida a calidade dos áridos. A actuación fora destes límites require novos estudios batimétricos, novas caracterizacións do material e unha nova análise dos posibles efectos ambientais