A Xunta aprobou desde 2009 instrumentos de planeamento urbanístico en 92 concellos galegos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, subliñou no Parlamento que nestes anos aprobáronse 87 planes xerais de ordenación municipal e 5 plans básicos municipais, de xeito que se pasou de 32 concellos con planeamento a un total de 124
- O incremento supón, como destacou Rivas, que se aprobou practicamente un instrumento de planeamento xeral cada dous meses
- En total, a superficie ordenada en Galicia pasou desde 2009 de supoñer un 10% a un 40% do total da comunidade, e beneficia xa a 1,3 millóns de habitantes, a metade da poboación
- A Xunta avanza no compromiso de "garantir un territorio ordenado, que trace o futuro de Galicia con criterio e garantías", segundo destacou a directora xeral
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, compareceu hoxe no Parlamento para facer balance da situación do planeamento en Galicia no marco do compromiso da Xunta "cun urbanismo responsable". Deste xeito, Rivas subliñou que Galicia pasou de ter 32 concellos con planeamento no 2009 aos 124 que actualmente contan con ordenación, trala aprobación nestes anos de 92 instrumentos de ordenación (87 plans xerais de ordenación municipal e 5 plans básicos municipais).
A cifra supón, cono sinalou Rivas, que practicamente se aprobou un instrumento de planeamento xeral cada dous meses, e que se pasou de 3.022 quilómetros cadrados ordenados urbanisticamente (10% do territorio galego) a un total de 11.687 (o 40%), beneficiando xa a 1,3 millóns de habitantes, a metade da poboación da comunidade.
Por provincias, foron 26 os plans de concellos na Coruña, mentres que en Lugo foron 21, en Ourense 26 e na provincia de Pontevedra, 16.
A directora xeral destacou a aposta da Xunta por avanzar "para garantir un territorio ordenado, que trace o futuro de Galicia con criterio e garantías". Neste senso, puxo en valor a aprobación do Plan Básico Autonómico que constitúe o marco xenérico de regulación urbanística no conxunto da comunidade, e que está a desenvolverse a través dos Plans Básicos Municipais co obxectivo de que ningún concello careza dun instrumento de planeamento.
No balance ofrecido, a directora xeral de Urbanismo destacou así mesmo a aplicación da Lei 2/2016 do Solo de Galicia permitiu reducir practicamente nun ano os prazos de tramitación de expedientes urbanísticos, sendo o tempo medio con anterioridade de 33,5 meses e na actualidade de 22,5 meses.
Esta axilización débese a que trala aprobación desta lei, a Xunta é a encargada de recadar das administracións públicas competentes e remitir aos concellos os informes sectoriais autonómicos exixibles na tramitación dos plans, así como das súas modificacións puntuais.
"Este fito -destacou- supón que Galicia estea á vangarda con respecto a outras comunidades autónomas, ao ser a primeira na que se realizou este trámite e está servindo de modelo a seguir por outras comunidades". Dos datos analizados conclúese unha diminución do 80% no tempo de tramitación destes informes dende a entrada en vigor da citada lei.
Rexistro de planeamento
Outra das novidades da Lei do solo foi a creación do Rexistro de Planeamento de Galicia no mesmo ano 2016, co fin de difundir, dar seguridade xurídica e facer totalmente transparente a información urbanística.
Dende a súa creación inscribíronse un total de 748 instrumentos de planeamento municipal, entre plans xerais de ordenación municipal, modificacións puntuais, planeamentos de desenvolvemento (plans parciais, plans especiais, plans de infraestruturas e dotacións, e estudos de detalle) e 25 instrumentos de ordenación do territorio (plans sectoriais, plans de interese autonómico e plans de interese estratéxico) "o que amosa o grado de dinamismo do desenvolvemento urbanístico e territorial da nosa comunidade, estando unha vez máis á vangarda nacional".