Lara Meneses agradece a colaboración dos concellos no 'Xuventude Mentoring na Empresa' para a inserción laboral da mocidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Xuventude visita o municipio de Ponteareas, entidade incluída no programa, e recibe á ducia de mozos que comezan as estadías formativas
- Esta iniciativa da Xunta ten por obxectivo favorecer a formación práctica e o contacto co tecido empresarial das persoas de entre 18 e 30 anos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ponteareas (Pontevedra), 6 de xuño de 2025
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha xuntanza coa ducia de mozos e mozas que comezan a súa primeira experiencia no programa Xuventude Mentoring na Empresa no concello de Ponteareas. Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que busca favorecer a inserción laboral da mocidade e na que, tal e como resaltou Lara Meneses, é "fundamental contar coa implicación de entidades e organismos como os concellos" para ofrecer estadías formativas á xuventude.
No marco desta visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou que o obxectivo desta proposta, que xa vai pola súa terceira edición, é ofrecer aos mozos galegos períodos de formación dun mínimo de tres e un máximo de catro meses en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia para facilitar o acceso ao mundo laboral.
O Goberno galego reforza con preto de 1,3 millóns de euros esta edición do Xuventude Mentoring na Empresa. Deste xeito, as entidades e concellos que reciben estas axudas contan cun mínimo de 8 e un máximo de 12 persoas durante catro meses, cunha duración de 100 horas ao mes e de catro días a semana. O importe máximo concedido a cada entidade para poñer en marcha o seu proxecto é de ata 100.000€ e as persoas participantes recibirán unha bolsa de mínimo 690,66 euros ao mes e contarán ademais cun plan formativo en habilidades e competencias para o emprego impartido pola institución beneficiaria.
As empresas ou entidades que acollen ás persoas en prácticas atópanse vencelladas a sectores estratéxicos na Comunidade como son a aeronáutica, a agroalimentación, a biotecnoloxía, a automoción, as enerxías renovables, o naval, a pedra natural, a madeira ou forestal, o metalmecánico, o téxtil ou a moda, as tecnoloxías da información e da comunicación ou o que ten que ver coa calidade de vida e benestar.
Na primeira edición do programa beneficiáronse das axudas preto de 60 empresas que ofertaron un total de 170 prazas para as estadías de formación da mocidade galega, conseguindo unha porcentaxe de inserción laboral do 30% ao finalizar a experiencia. Na anterior edición do Xuventude Mentoring na Empresa, de 123 mozos participantes repartidos en 96 entidades, 73 remataron formando parte do tecido empresarial, polo que case un 60% da mocidade involucrada no programa acadou a inserción laboral. Nesta terceira edición, aínda en proceso de resolución, ofertaranse máis de 150 prazas.
O proxecto está cofinanciado nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Cómpre lembrar que tras a convocatoria e resolución da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coas propostas subvencionadas, correspóndelle ás entidades e concellos beneficiarios a súa posta en marcha. Así, como promotores do Xuventude Mentoring na Empresa serán os encargados de seleccionar ás persoas participantes e destinalas aos centros de traballo que se considere.