López Campos salienta a contribución de Cela na maior visibilidade e espazo para as escritoras coetáneas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O representante da Xunta destaca a reclamación do autor galego de máis presenza feminina nas institucións académicas e o lugar que lles deu na súa revista literaria
  • A mostra, organizada pola Fundación publica que custodia e divulga o legado do Nobel, exponse na capital galega para difundir a súa figura máis aló da sede en Iria-Flavia
Imagen del artículo López Campos salienta a contribución de Cela na maior visibilidade e espazo para as escritoras coetáneas
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo en valor hoxe a contribución de Camilo José Cela para acadar que escritoras coetáneas acadasen "maior visibilidade e espazo nas institucións, no sector e nas publicacións literarias como xusto recoñecemento a súa valía creativa". Así o salientou na inauguración da exposición Me proclamo feminista. A relación de Cela coas escritoras e artistas do seu tempo, no Pazo de Fonseca, onde estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

Organizada pola Xunta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a exposición toma como punto de partida para o nome e relato da mostra a propia autoproclamación como feminista que fixo o Nobel de Literatura. Neste senso, o titular de Cultura fixo fincapé en que "non só se tratou dunha declaración de principios, senón que o demostrou con feitos".

Así, o conselleiro salientou que, tal e como se amosa nesta exposición, o tamén Premio Cervantes "alimentaba as relacións coas intelectuais, artistas e escritoras que estaban alén das nosas fronteiras, como reflicten as distintas cartas, libros, fotografías, obxectos e cadros da mostra". Nesta liña, incidiu en que o autor de La Colmena ou Mazurca para dos muertos reivindicou a presenza das escritoras nas institucións académicas e tamén as convidaba a participar en órganos de publicación que el mesmo creou, como a Revista Papeles de Son Armadans.

Escritoras na nosa lingua

Ademais, o titular de Cultura subliñou que Cela amosaba publicamente, nos seus escritos ou intervencións unha "especial defensa por nomes senlleiros do noso acervo cultural, como Concepción Arenal ou Rosalía de Castro, á que erixía como a gran luminaria da nosa lírica e a máis grande poeta do século XIX".

Por estes motivos, considerou "máis que atinada" esta mostra, que estará no claustro alto do Pazo de Fonseca, ata o 4 de xullo, tanto por reflectir e divulgar na actualidade esta faciana do escritor galego, como por "dala a coñecer máis aló" da sede da Fundación Camilo José Cela, en Iria-Flavia, no municipio coruñés de Padrón. "Esta exposición é un xeito de abrir a institución que teño a hora de presidir ao resto do pobo galego", argumentou en referencia a súa exhibición no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, baixo o comisariado de Lourdes Regueiro e Iván Rodríguez.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/06/2025
1042330 {"title":"López Campos salienta a contribución de Cela na maior visibilidade e espazo para as escritoras coetáneas","published_date":"2025-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1042330"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-06/1042330-lopez-campos-salienta-contribucion-cela-na-maior-visibilidade-e-espazo-as-escritoras-coetaneas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.