Medio Rural lembra que a mediados de mes convocaranse as axudas de 36 M€ para fomentar a remuda xeracional no agro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira María José Gómez destacou na apertura das Feiras de Primavera do Páramo outras iniciativas de apoio ao sector, como son a formación dos futuros agricultores e gandeiros ou o Banco de explotacións
- Remarcou a vocación agrogandeira e leiteira desta localidade e enxalzou o atractivo deste evento, cun completo programa no que destacan a feira e o desfile de gando, actuacións musicais e un espectáculo ecuestre; así como a exposición de maquinaria
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Páramo (Lugo), 6 de xuño de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, lembrou hoxe que a Xunta convocará a mediados deste mes as axudas de 36 millóns de euros para incorporación de mozos e plans de mellora. Na inauguración da 48ª edición das Feiras de primavera do Páramo, a conselleira puxo en valor estas achegas, que buscan fomentar a remuda nas explotacións agrogandeiras e asegurar a continuidade desta actividade.
Ademais, Gómez, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José Luis López, lembrou tamén algunhas das iniciativas que se están levando a cabo e que permiten seguir traballando a prol do rural, como son os programas de formación para futuros agricultores e gandeiros, o Banco de explotacións para garantir a continuidade das granxas e as actividades para promover a calidade da produción agroalimentaria galega.
A maiores, a conselleira remarcou a vocación agrogandeira e leiteira do Páramo, así como a relevancia destas Feiras de primavera e o seu atractivo para todas aquelas persoas que visiten o lugar estes días. Cun programa no que destacan desde a tradicional feira do gando e o desfile de gando vacún ata actuacións musicais e un espectáculo ecuestre. Nesta cita, a conselleira e o alcalde visitaron a exposición de maquinaria agrícola e a feira de artesanía, tralo tradicional corte de cinta inaugural.